Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda de Caselas licita o SAF por 2.895.894,26 €

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade o proceso de licitación do servizo de axuda no fogar (SAF) para os vindeiros 4 anos, por un importe de 2.895.894,26 €
O proceso de licitación do SAF é o de importe máis elevado no que vai de lexislatura, supoñendo máis dun 15% do orzamento municipal, e convócase pola caducidade do anterior contrato, que nos últimos anos se ven prestando pola empresa SOCISER.


O Concello de Salceda pasará dun custe de 14,30 € por hora a un prezo de 18,71 €, nun importante esforzo económico dirixido a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores, que neste momento de pandemia toca protexer máis que nunca.


A Alcaldesa, Loli Castiñeira, lembrou no Pleno que a Xunta mantén a súa aportación en 9,70 €/hora, moi lonxe dos 18,71 € do prezo de licitación, obrigando ao Concello e ás persoas usuarias a facer un maior esforzo económico para a prestación do servizo. Criticou tamén a alcaldesa que a Xunta de Galicia concede novas horas sen previo aviso aos Concellos, esquecendo que estes deben contar con consignación orzamentaria que permita ofrecer o servizo, o que obriga en moitas ocasións a ter que rexeitar esas horas tan necesarias.


Gela Ledo, Concelleira de Benestar,  agradeceu o traballo realizado polo departamento de servizos sociais na elaboración deste expediente que se demorou por mor da pandemia. “Trátase dun servizo fundamental que axuda ás nosas persoas maiores, e deste xeito darémoslles unha maior estabilidade tanto a elas como ás traballadoras que realizan este servizo”.


Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “temos que protexer ás nosas persoas maiores agora máis que nunca, e somos conscientes de que o SAF é un servizo de vital importancia para que poidan seguir a facer vida normal nos seus domicilios, ofrecendo deste xeito un servizo fundamental tamén para as familias, quen en moitas ocasións non teñen medios para unha correcta atención a estas persoas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.