Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 05 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Ministro de Sanidade visitou "Biofabri" no Porriño

Hoxe, a primeira hora da mañá o ministro de Sanidade do Goberno de España, Salvador Illa  acudiu a visitar as instalacións da factoría "Biofabri" do grupo empresarial "Zendal", sita en Torneiros. O ministro manifestou que tiña un especial interese en coñecer o traballo que está a desenvolver para a fabricación dunha das vacinas contra a Covid que xa está en pleno proceso de fabricación.

 

Xunto co ministro e a alcaldesa do Porriño acudiron á visita das instalacións Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade; Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da FEMP; a directora da Axencia Española do Medicamento, María Jesús Lamas e Javier Losada, delegado do Goberno de Galicia. Na visita ás instalacións de "Biofabri" tiveron como anfitrións a Pedro Fernández Puentes, presidente do grupo "Zendal"; Andrés Fernández, conselleiro delegado e Ricardo Troncoso, director da factoría.

 

O ministro mantivo unha reunión de traballo coas autoridades presentes e os directivos do grupo "Zendal" na que a alcaldesa do Porriño reclamou ás administracións competentes "unha maior axilidade nos procedementos urbanísticos para facilitar o crecemento das instalacións de Biofabri no Porriño". Precisamente o presidente do grupo empresarial agradeceu a Eva García "a estreita colaboración e as facilidades que a alcaldesa do Porriño nos dispensa dende que ela chegou ao cargo".  

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.