VIGO
Persoal investigador sanitario forza unha reunión co ministro de Sanidade para denunciar a precariedade
Aproveitaron a visita de Salvador Illa ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para desenvolver unha mobilización
Un grupo de traballadoras/es da Fundación Fundación Biomédica Galicia Sur forzou hoxe unha xuntanza co ministro de Sanidade, Salvador Illa, co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para trasladarlles a súa problemática laboral, en concreto a precariedade que padecen e a falta de negociación do convenio para as tres fundacións galegas de investigación sanitaria.
Persoal de Galicia Sur e membros da CIG-Saúde aproveitaron a visita dos tres dirixentes políticos ás instalacións do pooling no hospital vigués Álvaro Cunqueiro para desenvolver unha concentración durante a que amosaron cartaces nos que se podía ler “Investigación solución xa”, “Estabilidade laboral”, “Convenio xa” ou “Investigación en precario”.
En consecuencia, o máximo responsábel da sanidade española viuse na obriga de recibir a unha representación das traballadoras/es, encontro no que tamén participaron o conselleiro e o alcalde. Por parte do persoal estiveron presentes as tres representantes da CIG no comité de empresa, Paula Cerezo, Ana Muñoz e Carlos Spuch.
Segundo explican, en primeiro lugar expuxeron a situación de estancamento na negociación do convenio para es tres fundacións galegas de investigación sanitaria e da precariedade xeral que hai arredor da investigación. “O ministro díxonos que se facía cargo e que o entendía, pero que non era o seu ámbito, polo que se comprometeu a poñernos en contacto co ministerio de Ciencia e Innovación”.
Pola súa banda, o conselleiro confirmoulles que xa tiñan designado substituto para a mesa negociadora, “e que en breve nos comunicarían unha data para retomar as negociacións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22