Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos - Redondela

Mos e Redondela contarán con Grupos de Emerxencia Municipais (GES)

Os GES son grupos creados para solventar as diferentes emerxencias que suceden nos ábitos en que actúanOs GES son grupos creados para solventar as diferentes emerxencias que suceden nos ábitos en que actúan

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron por videoconferencia na comisión de seguimento dos GES con representantes da Fegamp e das deputacións provinciais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron  por videoconferencia na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.


 
Nesta xuntanza, entre outros asuntos, a Xunta deu a coñecer a súa proposta para mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-, ademais dun novo emprazamento para o GES de Terra Chá-Lugo para que a base de Guitiriz pase a Friol pola renuncia do primeiro. Esta alternativa proponse en base a criterios técnicos co obxectivo de dar resposta á poboación da zona.

 

A proposta da Xunta será estudada polos integrantes da comisión de seguimento, que volverá a reunirse para proceder á súa votación.


 
A intención do Goberno galego é crear 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos concellos e deputacións provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta.

 

A proposta do Goberno galego inclúe a constitución de 2 GES na provincia de Ourense con sedes en Maceda e A Veiga; 3 en Pontevedra na Cañiza, A Lama e  o de Mos / Redondela cunha base en cada un dos dous municipios; e un servizo municipal no concello coruñés de Noia

 

Na provincia da Coruña, a Xunta propón constituír o servizo municipal de Noia con sede no concello noiés e que inclúa ademais deste municipio aos de Lousame e Porto do Son. En Ourense a proposta inclúe 2 novos GES: un con sede na Veiga que abarque tamén aos concellos de O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; e outro en Maceda, do que formarían parte ademais Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.


 
No caso de Pontevedra, a Administración autonómica presentou na Comisión de hoxe a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.


 
En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, deputacións e concellos. De feito, a proposta presentada hoxe con 6 novos servizos, suporía un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.


 
Nesta liña, o Goberno galego solicitou que as deputacións provinciais continúen implicándose na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos, tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, aos que a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.