MOS
Mos celebra a intención da Xunta de crear un novo GES
A alcaldesa mosense e o concelleiro de Emerxencias solicitaron neste senso que a Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias e a colaboración do Concello de Redondela para que o novo Grupo se poña en marcha canto antes
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas, manifestáronse hoxe satisfeitos e agradecidos ante a intención da Xunta de Galicia de mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-.
A intención do Goberno galego é crear 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos Concellos e Deputacións Provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta. E un dos 3 novos GES de Pontevedra contará cunha base no municipio mosense, de ahí a satisfacción dos representantes locais, Arévalo e Costas.
Esta boa nova dábana esta mañá a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que participaron na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.
Ademais dos 6 novos servizos de emerxencias, propuxeron un novo emprazamento para o GES de Terra Chá-Lugo para que a base de Guitiriz pase a Friol pola renuncia do primeiro e para dar resposta á poboación da zona.
No caso da provincia de Pontevedra, a Administración autonómica presentou na Comisión de hoxe a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.
En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, Deputacións e Concellos. De feito, a proposta presentada hoxe con 6 novos servizos, suporía un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.
A este respecto desde o Concello de Mos a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o edil de Emerxencias, Leo Costas, solicitan que a Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias dos Concellos en xeral e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos en particular, así como a GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, das que Mos tamén conta con unha.
Para estes colectivos a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.
Ademais de reclamar a implicación da Deputación, desde o Concello de Mos espérase “que desde Redondela se acepte este novo Grupo Supramunicipal de Emerxencias conxunto, GES Mos/Redondela, e poder contar coa colaboración do Concello veciño para que se axilice todo o posible a posta en marcha deste novo servizo de emerxencias, tan necesario nestes tempos”, declararon Nidia Arévalo e Leo Costas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116