Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 08 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Toma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda

No pleno extraordinario urxente celebrado na xornada do pasado xoves día 5 de novembro de 2020 tomou posesión coma concelleiro da corporación municipal Rafa Álvarez, incorporándose ao Grupo Municipal Socialista e ao equipo de goberno municipal.

 

Agora forma parte da corporación municipal coma novo concelleiro nas competencias de Turismo, Conservatorio de Música, Festas e Festexos populares, en substitución de Elena Baz, despois da renuncia á súa acta de concelleira por motivos persoais a principios do mes de setembro do presente ano.

 

Este cargo é asumido deste xeito por Rafa Álvarez Martínez, que ocupaba o sexto lugar na lista que presentou o PsdeG-PSOE nas pasadas eleccións.

 

Rafa Álvarez é unha persoa moi vinculada e comprometida coa vila da Guarda, destacando  a súa etapa coma Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ou a xerencia da Asociación Avelaíña, dentro dunha longa traxectoria e predisposición ao servizo público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.