Sábado, 07 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Carlos Font cualificou hoxe de ”intolerable” a actitude da Xunta cos GES

O deputado provincial Carlos Font cualificou hoxe de ”intolerable” a actitude do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, responsable das emerxencias en Galicia, “que chega a utilizar aos seus alcaldes do PP para atacar á Deputación de Pontevedra cando a día de hoxe seguimos sen coñecer nin o modelo, nin os estudios técnicos, nin as necesidades e recursos que avalíen a proposta que plantexaron na reunión para a creación dos novos GES”.

 

 Font expresou a súa perplexidade ante “este novo intento de confrontación coa Deputación, cando na propia mesa do xoves tomouse a decisión de aprazar o encontro a unha nova data ante a falta de documentación da Xunta que avaliara a proposta”. De feito, o deputado recordou que a Xunta de Galicia tampouco remitiu a información o pasado 30 outubro que foi cando convocou a reunión, e que tampouco o fixo cando a propia Deputación de Pontevedra chamoulles directamente para solicitar esa documentación. “Curiosamente, dixo Font, coa convocatoria enviaron a información de todos os puntos da orde do día menos dos dous máis importantes: o emprazamento dos novos GES e a dos GES vacantes. Tampouco a levaron á reunión, aceptaron o aprazamento da mesa, dixeron que nos remitían os documentos pola tarde, hoxe é sábado e a esta hora, engadiu, seguimos sen ter resposta”.

 

Font cualificou “dun sectarismo escandaloso e caciquil que as tres deputacións socialistas non coñeceran a proposta mentres que a de Ourense si que a tiña, aínda que ao final sumouse a petición de aprazamento”. “É máis, engadiu, ¿como é posible que o alcalde da Cañiza non saiba nada e que o voceiro da oposición publique a información nas súas redes?; ¿como se cualifica que á alcaldesa de Redondela se lle chame despois da reunión e non antes?; ¿é presentable que desde a Xunta se lle escriba a alcaldes do PP un comunicado para que ataquen á Deputación como autofalantes de Rueda en vez de defender a súa veciñanza?. É tristísimo”. O deputado provincial tamén mostrou a súa sorpresa “porque na reunión, a Xunta nin sequera deu a coñecer os emprazamentos que propoñen para os GES. De feito, hoxe o alcalde de Moraña se congratula nos medios de que o seu concello estea na proposta cando ninguén falou de Moraña na reunión. Isto é moi grave”. Por todo elo, Font instou a Núñez Feijoo a que tome medidas. “O presidente debería empezar a pensar seriamente en apartar a Rueda das súas competencias. Só funciona na confrontación, non é capaz de traballar con propostas serias e xa lle está a xerar problemas”.

 

O deputado provincial remarcou que a Deputación de Pontevedra nin cuestiona, nin se opón a nada, nin se pronuncia sobre a proposta. ”Non podemos ter unha posición ata que teñamos coñecemento do que se plantexa, e parece lóxico que unha administración que ten que financiar as emerxencias coñeza o que se quere facer. É a Xunta quen está a paralizar unha solución para os GES. Só interésalles confrontar”. Carlos Font, que si se congratulou de que “agora tres anos despois Rueda se apee da comarcalización e acepte o noso modelo de isocronas que sempre defendemos desde a Deputación”, emprazou ao Vicepresidente a que remita dunha vez a documentación, ”e o mesmo luns terán a posición da Deputación ou unha proposta alternativa”. ”Iso si, sinalou, o GES para O Grove é unha liña vermella que non imos cruzar. Había un compromiso claro para facelo e a proba e que desde fai anos se está a firmar un acordo co Grove fora do convenio para cubrir esta carencia”. O deputado lamentou que “unha vez máis Rueda pretenda excluír ao Grove porque ten un alcalde combativo que reivindica melloras para a súa veciñanza. Iso non imos consentilo”.

 

Font rematou insistindo en que a Deputación de Pontevedra sempre será favorable e estará disposta a unha proposta que mellore o sistema dos GES que dea resposta ás necesidades do territorio en materia de emerxencias. “Aí non encontrarán sempre, o que non nos poden pedir é que aceptemos unha proposta que non coñecemos e sen dispoñer da máis mínima información. Non pode ser que a Xunta decida, impoña sen informar de nada, e que os entes locais paguen”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.