O PORRIÑO
Dous xóvenes saltan o confinamento e provocan un accidente de tráfico no Porriño
A conductora era unha moza de 22 anos, veciña de Budiño, que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia.
A Policía Local de Porriño denuncia por un presunto delito contra a seguridade viaria á condutora dun turismo BMW que colidiu contra tres vehículos aparcados na rúa Fernández Areal, á altura das pistas de tenis. O sinistro aconteceu esta pasada madrugada, ás 1:50 horas e supón o primeiro caso de incumprimento do toque de queda no Porriño dende que neste concello comezou o confinamento perimetral polas novas restricións que entraron en vigor a media noite.
De feito, a condutora do vehículo que provocou o accidente, unha moza de 22 anos, veciña de Budiño cuadriplicaba a taxa de alcoholemia. Na primeira proba deu 1,02 mg/l e na segunda 0,97 mg/l., segundo consta no atestado policial.
Ademais o seu acompañante, un mozo de Vigo, tamén de 22 anos, será denunciado xunto con ela por incumprimento do estado de alarma.
Os dous ocupantes do vehículo que provocou o accidente resultaron ilesos segundo valorou o equipo de asistencia médica da ambulancia que acudiu ao aviso da Policía Local.
Os vehículos que resultaron con danos foron unha Renault Space, un Audi A4 e un Peugeot 206, que estaban aparcados na referida rúa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126