Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 10 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Unhas 300 persoas identificadas na Provincia de Pontevedra para controlar as medidas ante a Covid-19

A provincia rexistrou dispositivos e inspeccións en seis concellos con especial incidencia nas cidades de Pontevedra e Vigo­

Axentes da Policía Autonómica identificaron a 312 persoas durante esta pasada fin de semana nos 59 dispositivos e inspeccións organizados na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes fronte á Covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes actuaron en seis concellos e procederon á interposición dunha decena de denuncias.

 

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 6 e 8 de novembro para controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 24 dispositivos e 35 inspeccións nos municipios de Pontevedra, Vigo, Poio, Meis, Moaña e Cangas do Morrazo, que derivaron en 630 actuacións destacando especialmente nas dúas cidades, con 296 e 303, respectivamente.

 

 

 

 

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da Covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias

 

 

 

 

 

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 30 concellos, nos que que se rexistraron 87 dispositivos e 116 inspeccións, con máis de 550 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.

 

Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias. Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.