Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 10 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta celebra que a Deputación de Pontevedra acepte a proposta para crear 3 novos GES na provincia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que esta decisión reafirma que a postura da Administración autonómica para a cobertura das emerxencias na provincia era a correcta

A Xunta celebra que a Deputación de Pontevedra acepte a proposta presentada a semana pasada na comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), que incluía a creación de 3 novos grupos na provincia pontevedresa.

 

Trátase dos GES da Cañiza, A Lama e Mos/Redondela. Así, os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.

 

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que a postura da deputación provincial demostra que a proposta da Administración autonómica para a provincia era a correcta e responde a criterios técnicos de cobertura e de prestación de atención ás emerxencias. Nesta liña, apelou a seguir colaborando tanto cos concellos como as deputacións provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta e mellorar e completar o mapa de emerxencias que abarca o territorio galego.

 

 

 

 

O Goberno galego propón para a provincia de Pontevedra a constitución de grupos de emerxencias na Cañiza, A Lama e o de Mos/Redondela, este último cunha base en cada un dos dous municipios

 

 

 

 

En base precisamente a eses obxectivos, a Xunta presentou a semana pasada na comisión de seguimento dos GES, na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais, unha proposta para crear 6 novos servizos de emerxencias en Galicia.

 

Ademais dos 3 novos GES en Pontevedra, o Goberno galego suxire a constitución doutros 2 en Ourense –un con sede no concello de A Veiga e outro en Maceda-, así como un novo servizo municipal no concello coruñés de Noia.

 

A comisión de seguimento volverá a reunirse proximamente para proceder á votación da proposta da Xunta, unha vez que os seus integrantes a estuden.  

 

Con estes novos servizos, o investimento da Xunta nestes servizos de emerxencias incrementaríase en 300.000 euros superando os 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES. A Xunta reafirma así o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento destes grupos, postos en marcha en 2013 en consenso entre o Goberno galego, deputacións e concellos.

 

Ademais, a Administración autonómica vén colaborando na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos con achegas de 15,3 millóns de euros nos últimos dez anos para os GES e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.