Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Consorcio Contra Incendios e Salvamento incrementa nun 1 por cento o seu orzamento

O pleno, presidido por Carmela Silva, deu o visto bo ao ditame da Comisión de Contas que supón un incremento do 1,04% con respecto a 2020

O pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, aprobou onte por unanimidade o orzamento para 2021, que ascenderá a 3.819.700 euros, o que supón un incremento de 39.600€ (+1,04% con respecto ao orzamento de 2020).

 

A sesión, que dirixiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e contou coa asistencia do Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, celebrouse de forma telemática e deu luz verde ao ditame da Comisión Especial de Contas coas bases de execución do orzamento e o cadro de persoal e de retribucións para o vindeiro ano. “Un orzamento nivelado”, tanto no estado de gastos como no de ingresos, e cunha situación de solvencia financeira con débeda cero segundo o informe da secretaria-interventora. O documento foi elaborado mantendo os parámetros do sistema vixente de xestión indirecta, aínda que poderá ser susceptible de modificacións en función das conclusións da comisión xurídico-técnica para o proceso do paso a xestión directa.

 

As achegas dos entes consorciados mantéñense na mesma contía que en anteriores exercicios (963.500€ por parte da Deputación e 963.500€ por parte da Xunta de Galicia), mentres que no orzamento de gastos o capítulo 2 medra un 1,52% para cumprir coa homoxeneización salarial acordada. A sesión tamén coñeceu a mellora da ratio do período medio de pago do Consorcio Provincial a provedores, que de abril a setembro baixou aos 12,7 días fronte aos 14,8 días de 2019. Da mesma forma, o órgano non incorreu en mora en ningunha das súas operacións de pago, no xerando ningún tipo de intereses nin carga financeira.

 

Na sesión, xunto ao Director Xeral de Emerxencias, tomaron posesión como novas representantes da Xunta as delegadas territoriais de Pontevedra e Vigo, Luisa Piñeiro e Marta Fernández Tapias. A presidenta Carmela Silva, que lles deu a benvida, congratulouse de que por primeira vez o Consorcio Provincial sexa igualitario, co mesmo número de mulleres que de homes, seguindo coa política da Deputación de Pontevedra. “Estou encantada, dixo a presidenta provincial. Con máis mulleres ocupando espazos públicos de representación é como se dan pasos cara á igualdade”, mensaxe co que coincidiu o director xeral, Santiago Villanueva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.