VIGO
Marta Fernández-Tapias supervisa o remate dos traballos do tramo de concentración de accidentes na PO-552
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a inversión de 18 millóns de euros en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca
A delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto a xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díaz, achegouse onte ata a PO-552 para supervisar o remate dos traballos para eliminar os treitos de concentración de accidentes en 4,5 quilómetros desta estrada ao seu paso por Vigo.
Unha actuación que, tal e como detallou supuxo a mellora de 15 pasos de peóns e a execución de 2 novos, xunto con 8 novas interseccións e a reordenación dos accesos existentes, así como a construción de 4 glorietas e outras tantas marquesiñas nas paradas de autobús. En conxunto, dixo, investiuse 1 millón de euros co obxectivo de reforzar a seguridade viaria na vía autonómica ao seu paso por Vigo, desde o acceso a San Andrés de Comesaña, pasando por Coruxo e San Miguel de Oia, ata Saiáns.
Segundo concretou Fernández-Tapias, é unha das estradas máis importantes desta zona, xa que une os concellos de Vigo, Nigrán e Baiona e chega, pola costa ata A Guarda. É unha vía que rexistra unha alta intensidade de tráfico, superior aos 20.000 vehículos ao día nalgún dos seus treitos e atravesa numerosos núcleos de poboación, concentrando nas súas marxes unha intensa actividade comercial e de servizos.
Apunta, entre os traballos nesta vía, na que se investiu 1 millón de euros, a mellora de 15 pasos de peóns e a execución de 2 novos, 8 novas interseccións e a construción de 4 glorietas e outras tantas marquesiñas nas paradas de autobús
En canto as novas glorietas, sinalou a do cruce con Muíños, moi empregado polos veciños, especialmente na época estival como atallo para achegarse ás praias; a do acceso na intersección do Camiño do Romeu, a da zona de Coruxo e tamén a de San Miguel de Oia.
A este respecto, a delegada puxo o acento no importante esforzo inversor do Goberno galego que, no marco da Estratexia da Xunta para reducir así a sinistralidade viaria , está a investir 18 millóns de euros en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca de Vigo, tales como a eliminación de tramos de concentración de accidentes ou os itinerarios incluídos no Plan de Sendas de Galicia.
Así referiuse a outros puntos de actuación nesta mesma estrada, como o son os TCA da PO-552 entre Saiáns e Priegue e Nigrán e Baiona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20