Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 13 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta continuará a encargarse da xestión da depuradora do Concello de Gondomar

A Administración autonómica agarda o visto e prace municipal á proposta de convenio remitida por Augas de Galicia para seguir prestándolle apoio ao Concello nas súas competencias mediante a explotación da depuradora

A Xunta continuará a prestarlle apoio ao Concello de Gondomar nas súas competencias exclusivas de xestión da auga, ao estar disposta a continuar explotando a depuradora municipal. O Concello, pola súa banda, deberá acometer actuacións para eliminar as graves deficiencias das redes municipais de saneamento.


A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron esta semana  unha reunión de traballo na que abordaron a situación do saneamento neste municipio.


A directora de Augas de Galicia trasladoulle ao alcalde que a Xunta está á espera de que o Concello de Gondomar lle remita o visto bo ao texto do convenio para que desde Augas de Galicia siga a explotar a depuradora. Cómpre lembrar que a Xunta vén prestando un importante servizo de apoio ao Concello, ao ser a deste municipio unha das poucas depuradoras que xestiona directamente a Administración autonómica.

 

 

 

 

Augas de Galicia e o goberno municipal coinciden na necesidade de realizar unha auditoría que permita detectar e resolver os graves problemas de infiltración  que presenta actualmente a rede de saneamento municipal

 

 

 


O alcalde trasladou o interese do Concello de Gondomar en facilitar a execución das obras que a Xunta tiña previstas para mellorar a depuradora e que non foi posible executar ata o de agora pola falta de colaboración municipal.


No encontro tamén se abordou a necesidade de realizar unha auditoría que permita detectar os problemas que presenta actualmente a rede de saneamento de Gondomar e avaliar as actuacións que serían necesarias para evitar problemas de infiltracións ou conexións erróneas na rede.


En canto ao financiamento das actuacións que a auditoría estime necesarias para a mellora da rede de saneamento e depuración municipal, Augas de Galicia avanzou a posibilidade de participar no seu financiamento, sempre no marco dun acordo no que se fixen achegas, a partes iguais, tamén do Concello e da Deputación Provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.