Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 16 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP demanda o cumprimento dos acordos plenarios

Lembra que en pleno de setembro, acordouse por unanimidade a aprobación de axudas ás actividades económicas que se viron afectadas polo estado de alarma do pasado mes de marzo, a proposta de ACiP. Ditas bonificacións afectarían a parte correspondente dos recibos do lixo, auga e saneamento.


"É o momento de que o Concello este á beira da nosa actividade económica. De pouco vale se a mesma morre día a día, senón achegamos todos os medios necesarios para tentar aliviar esta situación" sinalan.


"Debemos lembrar como o Concello mira para outro lado, e dous meses despois non cumpriu co acordo plenario.  Só quédanos pensar que o Sr. Represas goberna para uns, pero esquécese do resto, e aínda máis cando debemos priorizar estas axudas nos momentos que vivimos".


"Non pararemos", di textualmente o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, "de defender o tecido industrial de Ponteareas, e quitaremos a careta aos grupos políticos que no Pleno votan a favor de propostas para quedar ben, e despois non cumpre os acordos plenarios, como pasa co goberno BNG-PSOE, que aínda que pareza mentira, non son conscientes nin teñen a sensibilidade de que moitos veciños no seu negocios non teñen para manterse abertos, mentres os gobernantes miran para outro lado, mantendo unha política recadadora sen ser conscientes da situación que vivimos".


"Doutra banda presentaremos novas medidas para o próximo pleno de Novembro, propoñendo axudas para os negocios que se viron afectados polo novo peche durante o mes de Novembro, especialmente a hostalería, lembrando que só nese gremio existen preto de 100 negocios que dan traballo a mais de 300 veciños, e que son os grandes esquecidos polo goberno local, sendo en casos perseguidos inxustificadamente".


"Esperamos  sinceramente un cambio radical de 180 graos do goberno local, e que se apliquen as medidas necesarias para axudar aos sectores económicos do noso Concello. De pouco valen obras senón temos actividade económica".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.