A GUARDA
A Guarda chega hoxe aos 68 casos activos confirmados de COVID-19 por Sanidade
A día de hoxe A Guarda continúa no nivel tres de infeccións por COVID-19. Este é o nivel de alerta máximo que contempla a Xunta de Galicia na súa valoración.
Nas últimas semanas a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 68 casos activos confirmados por sanidade. Aínda que nos últimos días diminuíron sensiblemente o número de contaxios diarios respecto da semana pasada, esta segue a ser unha situación moi preocupante para todos nós.
Para que esta situación empece a reverter, dende o concello piden "a toda a poboación que extreme as medidas de seguridade individuais, sobre todo o uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans. Tamén pedimos que, na medida do posible, se limiten os contactos sociais os próximos días".
"A única maneira de controlar estra situación é coa colaboración de todos e cada un de nós" sinalan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151