Galicia
Carreiras de aventuras para a promoción internacional do Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, sinala a importancia deste evento deportivo para dar a coñecer noutros países o patrimonio natural de Galicia e as rutas xacobeas no Ano Santo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o potencial do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras, do que Galicia será sede o próximo ano, para a promoción no exterior das distintas rutas do Camiño de Santiago que atravesan a comunidade. Nesta liña, incidiu na importancia deste evento deportivo nun ano clave para o turismo galego, coincidindo co Xacobeo 2021.
Así o sinalou durante unha reunióncelebara a semana pasada co organizador do campionato, José Manuel Rodríguez, e o director da carreira, Pablo López, aos que lle trasladou o apoio da Xunta a este evento deportivo que reunirá na comunidade en outubro do ano que vén a equipos dos cinco continentes. No encontro tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
A carreira combinará probas de ciclismo, trekking, kayak e barranquismo e transcorrerá por máis de 600 quilómetros polas catro provincias galegas, entre os que se inclúen tramos de rutas xacobeas como o Camiño Francés, o Inglés, o do Norte, o Primitivo e o de Inverno. Ademais, terá como escenario algúns dos principais espazos naturais da comunidade como As Fragas do Eume ou a Ribeira Sacra.
Alfonso Rueda incidiu que o evento deportivo contribuirá a dar a coñecer noutros países dous dos elementos que marcan a diferencia do turismo galego: o Camiño de Santiago e o patrimonio natural. En definitiva, segundo destacou, unha boa oportunidade para a promoción de Galicia como destino turístico a nivel internacional nos países que se retransmitirá e que, ademais, terá aos deportistas participantes como os mellores embaixadores do turismo galego no exterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163