VIGO
Aprazado o concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430
Dada a situación actual coa crise sanitaria da Covid19, a OV430 acordou adiar o concerto correspondente ó presente mes de novembro. O mesmo, ‘A música de cámara de Beethoven’, coa participación da violinista Lir Vaginsky, estaba previsto para o vindeiro martes día 17, e formaba parte do Ciclo de Outono, unha programación que conta co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, e que abarcaba os últimos meses deste ano 2020.
Pese a que segue a ser posible celebrar eventos, a situación exixe que neste momento os aforos sexan tremendamente reducidos. A OV430 apostou durante os últimos meses por seguir facendo concertos, todos eles coas medidas de prevención pertinentes seguindo os distintos protocolos, máis nesta ocasión, tendo en conta o preocupante das cifras da pandemia estas últimas semanas, a decisión máis sensata é a de esperar.
A dirección da OV430 non considera correcta nin positiva a cancelación de concertos, polo que xa traballa en buscar unha nova data na que poder desenvolver ‘A música de cámara de Beethoven’; será cando as circunstancias permitan facelo, con todas as garantías.
Do mesmo xeito, estase a estudar qué facer co concerto previsto para o vindeiro mes de decembro, ‘Almudaina - Concerto para dúas guitarras flamencas de Cuchús Pimentel’, enmarcado tamén dentro do Ciclo de Outono. Nas próximas semanas, valorando a situación, comunicaremos a decisión respecto a este.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20