Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 19 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar destinará o 50% do gasto de iluminación do Nadal a emerxencia social

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, anunciou a súa intención de destinar o 50 por cento do orzamento previsto para a iluminación do Nadal a emerxencia social “porque somos conscientes de que son moitas as persoas que se viron afectadas dunha forma ou outra por estes tempos convulsos que estamos a vivir coa pandemia”.

 

Por esta razón incrementar as achegas ás partidas dirixidas a atender ás familias máis vulnerables converteuse nun dos obxectivos prioritarios nestes momentos. Algo que, tal e como explica o rexedor, “non impedirá que Gondomar siga lucindo como outros anos durante as festas de nadal, con luces e actividades pensadas e dirixidas aos nosos veciños”.

 

Reducirase, con todo, o investimento en iluminación, que se manterá no centro urbano e nas prazas máis emblemáticas do municipio, así como a “árbore vermella” que se converteu nun referente do Nadal no concello. Ademais, este ano tampouco se instalará o Belén en movemento que, tradicionalmente vén realizando un veciño do municipio, nin elementos decorativos como o Tranvía que se recuperou o ano pasado.

 

Todo iso permite reducir o orzamento en case un 50 por cento, aproximadamente a uns 15.000 euros máis IVE, respecto ao ano pasado e destinar así o resto a axudas de emerxencia social que existan no municipio.

 

Unha preocupación que, desde o inicio da lexislatura, e máis durante a presente pandemia preocupou ao goberno local, como proba o incremento nun 500 por cento as partidas de Benestar Social.

 

Esta mesma semana asinarase o contrato coa empresa Idades S.L que se fará cargo do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF), que recolle un incremento na partida anual do concello de 221.000 euros. Súmase este gasto aos asumidos noutros servizos como o banco de alimentos municipal (que duplicou o seu investimento mensual) ou o pago de comedores escolares, alugueres ou igualdade, que “converte a Gondomar no concello que máis inviste en materia social de toda Galicia”, asegura o seu alcalde.

 

Lembra Paco Ferreira que “unha vez máis, asumimos competencias impropias ante o abandono en materia de política social por parte da Xunta de Galicia” á que insta a asumir as súas responsabilidades. “Mentres seguiremos os concellos facendo esforzos económicos importantes para garantir a atención das demandas dos nosos veciños, e moito máis, daquelas familias que peor o están pasando”, conclúe o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.