GALICIA
A Xunta pecha un acordo con Fegamp e deputacións para crear cinco novos GES
A Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) aprobou por unanimidade a proposta presentada pola Xunta na última reunión
A Xunta pechou hoxe un acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coas deputacións provinciais para crear 5 novos GES e un servizo municipal de emerxencias. A Comisión de seguimento dos GES aprobou por unanimidade a proposta realizada pola Administración autonómica na última reunión, celebrada o pasado 5 de novembro.
Así o avanzou hoxe a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, ao remate da reunión, que se celebrou por videoconferencia. No encontro tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e representantes da Fegamp e das deputacións provinciais.
A directora xeral celebrou este acordo, “un avance fundamental conseguido grazas ao diálogo”, que “vai mellorar e reducir os tempos de resposta en caso de accidentes ou situacións de emerxencia” e suporá unha maior e mellor cobertura do territorio galego.
Isto conseguirase a través da creación de 6 novas agrupacións: 5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta.
Suporá a creación de tres novos GES en Pontevedra na Cañiza, A Lama e en de Mos/Redondela cunha base en cada un dos dous municipios; dous GES en Ourense con sedes en Maceda e A Veiga; e un servizo municipal no concello coruñés de Noia
Os seis novos servizos de emerxencias crearanse en colaboración cos concellos e deputacións e distribuiranse do seguinte xeito: un na provincia da Coruña, dous en Ourense e tres en Pontevedra.
En concreto, na provincia de Pontevedra serán tres os novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serán atendidos polo novo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.
Na provincia da Coruña, constituirase un servizo municipal en Noia, con sede no concello noiés, e que incluirá, ademais deste municipio, aos de Lousame e Porto do Son. En Ourense serán dous os novos GES: un con sede na Veiga, que abarcará tamén aos concellos do Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; e outro en Maceda, do que formarán parte, ademais, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
A directora xeral especificou que a previsión é que “nas próximas semanas, unha vez se asinen os acordos, xa se poidan realizar as contratacións de persoal necesarias para que os grupos comecen a funcionar o antes posible”.
A Administración autonómica reafirmou de novo o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, deputacións e concellos. De feito, a creación destes 6 novos servizos implicará un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108