Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación propón un GES para o Concello do Grove

O deputado Carlos López Font anima ao Goberno galego a reestudar conxuntamente a proposta, pendente dende o ano 2017, para que o municipio arousán poida integrarse no sistema dos GES

A Deputación de Pontevedra continuará traballando para tratar de alcanzar un acordo coa Xunta de Galicia que permita integrar ao concello de O Grove no sistema dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) ao obxecto de mellorar a calidade do servizo municipal actual e tamén poñer fin á discriminación que padece o municipio arousán, obrigado a financiar a maior parte do seu custo. A Deputación, que leva defendendo esta medida dende o ano 2017, emprazou a tódalas partes, e moi especialmente á Xunta de Galicia, a emprender un diálogo construtivo que conclúa cunha solución á singularidade das emerxencias no Grove.

 

O deputado Carlos López Font participou hoxe na Comisión de Seguimento do Convenio GES, formada pola Xunta de Galicia, as deputacións galegas e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Durante a xuntanza, a Deputación aceptou a proposta de situar tres novas bases en A Lama, A Cañiza e unha sede compartida entre Redondela e Mos, destinadas a cubrir zonas do territorio que agora contan con deficientes tempos de atención ou insuficiente dotación. A proposta fora presentada verbalmente polos representantes da Administración autonómica na xuntanza telemática do pasado día 5. A Deputación de Pontevedra, que  pediu entón o aprazamento da decisión ata a recepción da documentación técnica, votou hoxe favorablemente, tal e como tiña anunciado, unha vez recibida a documentación catro días despois.

 

En canto ao Grove, López Font lembrou que este Concello tan só dispón dun convenio singular para as emerxencias, á marxe do sistema GES, no que debe achegar gran parte do custo anual, moi por enriba do que lle correspondería no caso de dispoñer da base dun Grupo Supramunicipal. “Hai que darlle unha volta a este tema e sería bo que fixeramos un esforzo de consenso entre a Deputación e a Xunta para volver a tratalo, buscando sempre a mellor solución para O Grove”, afirmou Font, quen fixo unha apelación explícita á colaboración e lealdade institucional que debe rexer na política de emerxencias. Deste xeito explicou que o municipio arousán está situado nunha península cunha peculiar orografía. Ademais, subliñou, multiplica por cinco a súa poboación durante o verán, conta con 15 Km de costa e 36 praias aptas para o baño, conta con numerosas empresas do sector conserveiro e do mar e, finalmente, figura como zona de risco no plan de incendios e acolle espazos naturais de alto valor ecolóxico.

 

Diante desta situación, e unha vez mellorado o mapa das emerxencias na provincia coa creación das tres novas bases aprobadas hoxe, a Deputación propuxo, e así foi aceptado tras escoitarse no seo da Comisión de Seguimento intervencións favorables, que a singularidade de O Grove se reestude adecuadamente para tratar de acadar unha solución que permita completar o mapa da provincia cubrindo todas as necesidades derivadas dunha xestión integral, eficaz e coordinada das emerxencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.