MOS
Arévalo presenta o orzamento para 2021, moi marcado pola COVID-19
    
        A alcaldesa de Mos anunciou hoxe ao remate da derradeira reunión co departamento de Intervención a este respecto, que xa se atopa finalizado o orzamento municipal para o vindeiro ano 2021 que este mediodía lle foi entregado aos grupos políticos da oposición para que poidan estudalo e que será levado a aprobación no Pleno do presente mes de novembro.
 
Trátase dun documento moi marcado pola crise sanitaria da COVID-19 no que a principal novidade será, segundo informou Arévalo, a creación dunha nova partida destinada a gastos derivados da COVID-19, que ascenderá aproximadamente a uns 200.000 euros, que lle permitirán ao Concello adaptarse e afrontar os novos gastos que se xeran coas novas circunstancias da nova normalidade.
A devandita partida inclúe, entre outros gastos municipais surxidos coa crise sanitaria, desde un reforzo de dotacións para a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias que implican unha mellora do equipamento específico para realizar labores relacionadas coa COVID-19, ata un aumento da dotación económica da partida de Educación para destinalo á desinfección exterior dos colexios e instituto que se comezou a facer por mor da pandemia, etc.
Ademais desta nova partida, o máis importante e destacable do orzamento 2021 é o importante incremento da partida destinada a Servizos Sociais, que crece en preto de 700.000 euros, debido ao incremento de horas de servizo á dependencia, entre outras políticas sociais, tamén a raíz da COVID-19.
Outra das partidas que se incrementa coincidindo con esta crise sanitaria é a dos gastos de persoal correspondentes á Policía Local mosense, ao terse cuberto as prazas que quedaran vacantes. No presente ano 2020 xa se incorporaron 2 novos axentes locais e o vindeiro 2021 farano outros 2, co que a plantilla da Policía de Mos increméntase en 4 novos axentes. A dotación económica para os soldos dos 2 axentes que se incorporarán en 2021 ascende a 65.500 euros.
Datos xerais do orzamento 2021
O importe total do orzamento municipal de gastos para 2021 aumenta respecto 2020 e chega aos 10,9 millóns de euros, sendo a partida máis elevada, un ano máis, a destinada a gasto social, que acada os case 2.000.000 euros (1.244.100,47 euros en 2020).
O orzamento do presente ano é de 10.099.715,13 euros no estado de gastos, polo que crecerá en case 900.000 euros o ano que ven.
“A pesar do seu incremento destinado a políticas sociais, segue a tratarse dun presuposto baseado na austeridade e na eliminación de gasto superfluo”, explicou a rexedora local mosense, quen destacou ademais que, “como cada ano desde que son alcaldesa presentamos o orzamento en tempo e forma, antes do remate do exercizo en vigor; ademais de cumprir coa porcentaxe necesaria da área de gasto destinada á amortización de débeda pública e sen facturas pendentes de recoñecer de anos anteriores”. Este documento económico anual en Mos sempre se aproba en tempo e forma, antes do inicio do novo exercizo, desde que Nidia Arévalo se atopa na Alcaldía.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116