Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

O pleno de Salvaterra aproba o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible

O Grupo de Goberno ven de presentar en Pleno para a súa aprobación o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) para o Concello de Salvaterra de Miño, que foi aprobado por unanimidade polas tres forzas políticas.

 

Este Plan está  financiado  pola Consellería de Medio Ambiente a través da orde do 5 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldías para o clima e a enerxía sostible, cofinanciadas  polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

Un dos compromisos que adquiren  os Concellos que se incorporan oficialmente ao Pacto de Alcaldías é a elaborar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible nun prazo de dous anos. Este plan de acción describe os pasos que deben darse cara os seus obxectivos do 2020 ao 2030, e que ten como fin reducir un 40% as emisións, e que  o Concello ven de aprobar en Pleno.

 

Este Plan inclúe por un lado un Inventario de emisións, tomando como referencia o ano 2018, e as accións de mitigación. Por outro lado  unha análise  de riscos e vulnerabilidade e as accións de adaptación. Unha vez aprobado, e para avaliar os resultados o Concello terá que presentar un Informe de Seguimento cada dous anos. Cada catro anos actualizarase o inventario de emisións para ver o progreso en relación coa mitigación das emisións e o consumo de enerxía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.