GALICIA
A Xunta remarca o papel dos centros especiais de emprego na integración de persoas con discapacidade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza por videoconferencia co presidente de Fademga Plena Inclusión, Eladio Fernández
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión), Eladio Fernández, para avanzar programas en materia de empregabilidade de persoas con discapacidade, en especial de formación dual dirixida ao colectivo, e a prol do traballo despregado polos centros especiais de emprego (CEE).
Tal e como lembrou Lorenzana, a Xunta de Galicia vén traballando intensamente nos últimos anos para garantir unha verdadeira integración das persoas con discapacidade. Nesta tarefa considerou fundamental o traballo despregado polos centros especiais de emprego. A conselleira avogou pola consolidación destes centros como mecanismos que incrementan as posibilidades laborais do colectivo, en especial de quen se atopa na busca de traballo.
A Xunta coincidiu con Fademga en que a formación dual de persoas con discapacidade intelectual é clave para este colectivo. Nesta liña, a Xunta está a desenvolver un programa piloto para un total de 60 destinatarios, todas elas persoas con discapacidade intelectual. Trátase de realizar proxectos baseados nun réxime de alternancia entre o emprego e a cualificación recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego. Ao seu remate os destinatarios saen capacitados para mellorar a súa inserción profesional e obteñen certificados de profesionalidade.
A Xunta desenvolve un programa piloto de formación dual dirixido a 60 persoas con discapacidade intelectual
Entre 2019 e 2022 está previsto un investimento no programa piloto de máis de 2 millóns de euros. Este ano destínanse 563.000 euros.
Outros programas como o Aprol de incentivos á contratación, as lanzadeiras de emprego para o fomento do emprendemento e autoemprego e o reforzo das axudas ás empresas de inserción laboral e para a contratación de desempregados en risco de exclusión social, constitúen un claro exemplo da aposta do Goberno galego pola integración no eido do traballo.
O encontro de hoxe enmárcase na rolda de contactos aberta pola conselleira de emprego nas últimas semanas cos principais axentes económicos e sociais, con especial atención ás entidades do Terceiro Sector.
Fademga Plena inclusión Galicia aglutina na actualidade 40 asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual con máis de corenta anos de implantación na Comunidade.
A Xunta comprometeuse a manter os apoios a esta entidade que nos últimos anos sumaron uns 4,5 millóns de euros destinados principalmente á inserción de persoas desempregadas, á súa formación e á orientación para o traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217