Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 20 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta o 25Nco lema ‘Que a mascarilla non te cale’

Agás o manifesto na Praza do Concello, a programación mosense do Día contra a Violencia de Xénero será fundamentalmente virtual e cun toque moi colorido: o municipio tinguirase de morado con globos en todas as fachadas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, presentaron hoxe a programación municipal conmemorativa do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, (enmarcada na campaña municipal co lema ‘Que a mascarilla non te cale’), que se celebra o vindeiro mércores e que este ano está condicionada pola nova normalidade e as circunstancias marcadas pola crise sanitaria da COVID-19.


Ante a recomendación de non celebrar actividades presenciais, evítanse os actos con público e no seu lugar organizouse unha iniciativa moi visual e fermosa: a idea é tinguir de cor violeta ou morado, a cor conmemorativa do 25N, todo Mos e para elo estanse a repartir globos desa cor para que todo o mundo decore as súas fachadas. O reparto está a facerse entre colexios, escolares dos colexios para que os coloquen nas súas casas, farmacias, comercios, outros negocios locais, edificios públicos municipais, zonas comerciais e urbanas, Escola Municipal de Música, campos de fútbol, etc.


Ademais comezaron esta semana nos Colexios de Mos charlas sobre igualdade. E o día 25 proxectarase en redes sociais a curta documental elaborada a raíz do curso ‘Namórate de ti’ e que versa sobre todo o proceso que implicou a realización deste curso por parte das 12 mulleres participantes. Esta curta documental, de entre 8 e 10 minutos de duración, foi grabada tamén por dúas mulleres.


Comezouse a rodar ao inicio do curso e aborda todo o procedemento de como lles cambia a perspectiva ás mulleres participantes tras haber levado a cabo esta acción formativa. A estrea do documental será, como se dixo, feita con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


O curso constou de sesións grupais de catro días realizadas os días, luns 7 de outubro, mércores 9, xoves 10 e venres 11, nas que as participantes compartiron unhas vivenzas enriquecedoras a través da cohesión grupal e a autoobservación.


Tratouse dun curso destinado a mulleres desempregadas, e/ou que precisaban voltar a confiar en sí mesmas, vítimas de violencia de xénero, en perigo de exclusión social… etc. Os obxectivos, mellorar a calidade de vida das mulleres, a través dos obradoiros, e potenciar as súas cualidades e capacidades. O obradoiro foi impartido por Tegra Gómez e Patricia Maquieira.


Pola súa banda a exposición ‘Namórate de ti’ permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 30 de novembro no Pazo de Mos. Trátase dunha mostra fotográfica baseada no curso de autoestima e empoderamento a través da fotografía impartido a 12 mulleres.


Manifesto
Por  último, non podía faltar nun Día contra a Violencia de Xénero, o tradicional e necesario manifesto. O propio 25N ás 12.00 horas na Praza do Concello farase lectura do manifesto oficial do Concello de Mos con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.