Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Sábado, 21 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O alcalde de Nigrán celebra o Día mundial da infancia participando en 'Radio Vilameán'

Juan González acudíu como invitado á emisora escolar para ser entrevistado por nenos de sexto de primaria

O alcalde de Nigrán, Juan González, participou esta semana como invitado na emisora escolar 'Radio Vilameán' con motivo da conmemoración do Día da Infancia. O rexedor foi entrevistado por catro alumnos de 6º de Primaria do CEIP Humberto Juanes, quenes lle interpelaron por aspectos xerais vinculados aos dereitos do neno e por cuestións máis concretas como o proxecto do Concello de Nigrán para dotar de cociña propia ao seu centro educativo.

 

"Podedes ter a seguridade de que ímos polo camiño correcto, temos xa o proxecto realizado para facer a cociña e os cartos para elo, así que será unha realidade e repercutirá no que máis vois preocupa: será unha comida máis sabrosa e saudable para todos os nenos de Nigrán", incidíu González ante as preguntas dos rapaces.

 

Esta é a segunda vez que o rexedor acude a este programa realizado polo alumnado do Humberto Juanes e emitido en directo durante o recreo. A actividade estrea novas instalacións este curso grazas, en boa medida, á axuda da ANPA do colexio. Desde hai anos é unha parte máis da escola, un elemento de diversión e de aprendizaxe integral, xa que a elaboración de programas radiofónicos abrangue distintas áreas do currículo como as Linguas,  a Educación Artística, o Coñecemento do Medio, etc. Ademais, desenvolve moitos aspectos básicos da personalidade do alumnado, como o incremento da autoestima e a seguridade, mellorando a lectura e a pronunciación, e o desenvolvemento da expresión oral e escrita.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.