Martes, 28 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Cambio de cuberta do Pavillón Óscar Pereiro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes mosense, Begoña Toucedo, visitaron as obras de cambio de cuberta do Pavillón Óscar Pereiro que se están a acometer con cargo ao Plan Concellos.

 

Están a ser substituídas tódalas pranchas existentes cambiándoas por outras novas de policarbonato celular de 30 mm de espesor e 900 mm de ancho. As novas pranchas están ancoradas á estrutura portante mediante abrazadeiras de ancoraxe.

 

Con esta mellora obterase unha transmisión de luminosidade do 52%, o que suporá un aforro na enerxía eléctrica da instalación e lograrase maior claridade no interior do pavillón, ademais de evitar as filtracións de auga.

 

A integración co resto da cuberta é perfecta, por ter un sistema de unión en forma de alas, polo que forma un plano compacto, unindo as pranchas.

 

Ademais asegura a entrada da luz sen necesidade de cambios de temperatura e evita fugas térmicas ou entrada de humidades.

 

A superficie en planta da cuberta do pavillón é de 1.298,00 metros cadrados, sendo a superficie de policarbonato de 500 metros cadrados. O orzamento de execución material ascende a 21.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.