TURISMO
A Xunta convoca unha nova edición do curso en liña sobre turismo sostible e financiamento
Xa está aberto o prazo de inscrición para esta acción formativa, que comezará o 30 de novembro
A Fundación Galicia Europa vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de formación en liña “A Unión Europea e o turismo sostible (empresas turísticas e liñas de financiamento europeas)”, ante a alta demanda rexistrada na primeira convocatoria.
A iniciativa terá lugar entre o 30 de novembro e o 4 de decembro. O obxectivo é estimular a competitividade e emprendemento do sector turístico a través da formación en novas técnicas e competencias, así como na adaptación ás novas tecnoloxías.
Deste xeito, búscase mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas, mediante a realización de actividades de seguimento e asesoramento indivualizado, formación personalizada e coaching persoal, tanto durante o curso como posteriormente. Os asistentes tamén recibirán información sobre a normativa comunitaria e as liñas de financiamento da UE dirixidas a apoiar as novas competencias do sector.
Inscríbese dentro do proxecto europeo LIDERA, que ten entre os seus obxectivos promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades e o emprendemento da mocidade
A actividade vai dirixida á sociedade en xeral, de Galicia ou do Norte de Portugal; á xuventude; e a profesionais en situación de desemprego, período de formación, de mellora laboral ou de adaptación da súa iniciativa económica ou emprendedora. O curso ten aforo limitado e a asistencia a todas as sesións é obrigatoria para optar ao diploma de asistencia.
Proxecto LIDERA
O curso é unha actividade do proxecto LIDERA, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Está dotado cun orzamento de 1,4 millóns de euros e conta cun financiamento do 75 % de fondos FEDER e unha duración de cinco anos (2016-2020).
O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e o norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento da mocidade. As actividades impulsadas por LIDERA están orientadas a loitar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións.
Son socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela; Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217