GALICIA
A Xunta apoia a 80 aloxamentos de restauración á renovación das súas instalacións
O DOG publica esa semana a resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 1,5M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios
O Diario Oficial de Galicia publica esta semana a resolución da liña de axudas para financiar actuacións de mellora de infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, aos que a Xunta destinou 1,5 millóns de euros e dos que se beneficiaron un total de 80 negocios na comunidade galega.
En función do número de solicitudes recibidas, a liña consignou máis dun millón de euros para 48 negocios da liña de aloxamento, isto é, establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, casas de turismo rural ou albergues turísticos. Os case 433.000 euros restantes destináronse ás iniciativas de 32 restaurantes que solicitaron a axuda e cumprían os requisitos. En canto á distribución por provincias, financiáronse actuacións en 22 locais da provincia da Coruña, 11 de Lugo, 6 de Ourense e 41 de Pontevedra.
O obxectivo é contribuír á reforma ou mantemento das instalacións para ofrecer un servizo competitivo e de calidade
Esta orde permite apoiar aos beneficiarios ata o 35% do seu investimento, cun máximo de 35.000 euros. A través destas axudas, a Xunta financia, entre outras actuacións, accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.
Tamén inclúe iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno; ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento dos establecementos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217