Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Policía Local de Ponteareas lembra que non se permiten encontros de persoas non convivintes

Estanse detectando incumprimentos en parques públicos, nas inmediacións de cafetarías e bares que serven consumicións para levar e en paseos por rúas e prazas

A Policía Local de Ponteareas lembra á veciñanza que non están permitidos os encontros entre persoas non convivintes en lugares públicos e privados, agás nos supostos permitidos como as reunións de traballo ou actividades educativas.

 

A Policía Local fai este recordatorio logo de constatar numerosos incumprimentos desta restricción en diferentes lugares da vila como os parques públicos, onde pais e nais interactúan esquecendo as limitacións en vigor. O mesmo acontece en rúas e prazas nas que se observan numerosas persoas non convivintes paseando ou charlando xuntas ou compartindo bancos. A estes casos engádense os corros e grupos que se forman entre persoas que recollen bebidas ou cafés para levar en bares e cafetarías e que os consumen nas inmediacións dos locais incumprindo a normativa en vigor e creando un risco potencial de contaxio. En ocasións compártese espazo para consumir as bebidas e tamén para fumar, o que agrava máis o risco.

 

A Policía Local tamén lembra que non se permiten os encontros en espazos privados de persoas non convivintes. En consecuencia, durante a vixencia destas normas non son posibeis os encontros nin as visitas aos domicilios doutras persoas, agás nos casos previstos legalmente por razóns moi xustificadas.

 

A Policía Local informa que se intensificarán os controis para evitar estas situacións. “As medidas impostas pola Xunta perseguen reducir o elevado número de contaxios de COVID19 no noso concello e estes comportamentos non axudan a lograr ese obxectivo”, sinala a Policía Local ponteareá que fai un chamamento á responsabilidade


e a cumprir as normas voluntariamente sen necesidade de adoptar medidas coercitivas e sancionadoras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.