VIGO
Denuncian a "deficiente" depuración das augas de refugallo en Vigo
Ecoloxistas en Acción demanda ao Concello de Vigo que revise o funcionamento da estacions depuradas de augas residuais, en concreto as que os seus sumideros verten en Alcabre e Teis, para que Non se repitan sistemáticamente as verteduras contaminantes denunciadas pola veciñanza
Van cumplir case 30 anos desde que en 1991 a Unión Europea aprobase a Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento das augas residuais urbanas, cuxo prazo para adaptar as infraestruturas municipais finalizaba en 2001. Agora, en 2020, dezanove anos despois da primeira data límite e case trinta anos despois desde que se aprobase a Directiva, a depuración das augas residuais urbanas segue sendo un grave problema o ecosistema mariño da ría de Vigo.
Se ben a ampliación e modernización da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Lagares sacou a Vigo da lista negra de cidades denunciadas polo Tribunal de Justicia Europeo, isto non acarreu unha eliminación total de verteduras de augas de refugallo seb tratar axeitadamente.
A miudo aprecianse fallos de depuración das augas de refugallo no litoral vigués. Son continuas as queixas de veciñanza de Alcabre o Teis por grandes manchas de contaminación por augas mal depuradas na beira da Costa. Veciñanza e organizacións ecoloxistas levan tempo denunciando o deficiente funcionamento da estación de bombeo e aliviadeiro de Alcabre e da estación depuradora de augas residuais de Teis.
A organización ecoloxista alerta que estas verteduras de augas residuais provoca efectos moi negativos sobre o medio ambiente e a saúde humana, provocando cambios substanciais nas características da auga e, polo tanto, na súa función ecolóxica e nos seus usos. Esta contaminación afecta directamente á parte máis superficial e máis próxima da costa, a máis empregada para actividades humanas
As augas residuais sen tratar reducen a cantidade de osíxeno e afectan á proporción de nutrientes, provocando un crecemento excesivo de algas e outras plantas, o que afecta negativamente á fauna e flora do ecosistema acuático no que se verten. Como resultado, prodúcese un impacto moi negativo sobre o valioso ecosistema costeiro que afecta tamén a actividades produtivas como a pesca e o marisqueo.
Ademais, existe o perigo de propagación de substancias tóxicas e/ou patóxenos contidos nestas augas, procedentes principalmente do tractos intestinais, que poden provocar a transmisión de enfermidades. Non debemos esquecer que a auga segue un ciclo, polo que os contaminantes que botamos ao mar, ademais de pasar a formar parte das cadeas tróficas, poden volver aos cursos da auga doce dos que se abastece a poboación.
"As verteduras incrementanse coas chuvias torrenciais debido a falta de canalización separada para pluviais nunha boa parte da rede de saneamiento" explican dende Ecoloxistas en Acción mentres que demanda ao Concello de Vigo que complete a rede con separativa o antes posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49