Domingo, 26 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con globos

Entre os actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, enmarcados na campaña municipal co lema ‘Que a mascarilla non te cale’, realizouse a lectura dun manifesto na Praza do Concello

Ás 12.00 horas deuse lectura, na Praza do Concello de Mos, ao manifesto municipal de repulsa contra a violencia machista con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que rematou cun minuto de silencio en honra de todas as vítimas.

 

Fixo lectura do mesmo, en representación de toda a Corporación Municipal e acompañada por algúns membros da mesma e de traballadores/as da administración local e do CIM de Mos (un número reducido, polas medidas de prevención da COVID-19), a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

 

Neste manifesto o Concello de Mos declara a súa “firme condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, e de todas e cada unha das súas manifestacións. Solidariedade coas mulleres vítimas da violencia machista, transmitindo todo o noso apoio a elas, aos seus fillos e fillas e familiares. Violencia que é exercida contra as mulleres polo mero feito de selo. E compromiso como Administración Pública para liderar a loita contra a violencia de xénero mediante accións dirixidas a promover a igualdade entre mulleres e homes, como un valor social incuestionable para unha sociedade que se sustenta sobre a defensa do dereito irrenunciable da igualdade e a dignidade de todas as persoas”.

 

“A eliminación da violencia contra as mulleres” manifesta tamén a declaración municipal “é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación, sempre desde respecto ao réxime de distribución competencial en todas as accións que se desenvolvan, posto que o traballo que se realiza para conseguir a súa erradicación implica a multitude de axentes. Así, as Entidades Locais son para moitas mulleres o primeiro paso para saír do espazo da violencia. Por iso é tan importante a recuperación, por parte destas entidades, das competencias en materia de igualdade e contra a violencia machista. Unha sociedade democrática non pode tolerar que as mulleres sexan discriminadas, sexan vítimas do machismo, da desigualdade, e da violencia, unha das principais causas de vulneración dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, situacións totalmente inadmisibles nun Estado democrático e de dereito. Por todo isto, reiteramos unha vez máis, a nosa absoluta repulsa contra a violencia de xénero”.

 

Este manifesto será novamente lido no vindeiro Pleno Ordinario, a celebrar o próximo luns 30 de novembro, e entón a lectura correrá a cargo da Directora do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos, Elena Bastos.

 

Ademais durante a xornada de hoxe o IES de Mos convidou á alcaldesa, Nidia Arévalo, á concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, á edil de Educación, Julia Loureiro, e á xurídica do CIM de Mos, Ana Rodríguez Cabaleiro, a asistir aos seus actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Entre as iniciativas programadas polo Instituto mosense atopouse a proxección, en cada unha das clases, dun vídeo conmemorativo confeccionado polo propio alumnado do centro, e dun minuto de silencio celebrado no patio exterior.

 

Ademais o alumnado confeccionara previamente uns termómetros medidores de violencia machista, ‘violentómetros’, que colocaron en diferentes zonas do edificio e decoraron todas as dependencias con globos de cor violeta, que foron repartidos polo Concello para tinguir todo o municipio desa cor durante a xornada de hoxe.

 

A programación municipal conmemorativa do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, (enmarcada na campaña municipal co lema ‘Que a mascarilla non te cale’), incluiu tamén unha iniciativa moi visual e fermosa: tinguir de cor violeta ou morado, a cor conmemorativa do 25N, todo Mos e para elo repartíronse globos desa cor para que todo o mundo decorase as súas fachadas. O reparto fíxose entre colexios, escolares dos colexios para que os coloquen nas súas casas, farmacias, comercios, outros negocios locais, edificios públicos municipais, zonas comerciais e urbanas, Escola Municipal de Música, campos de fútbol, etc.

 

Ademais impartíronse nos Colexios de Mos charlas sobre igualdade. E proxectouse en redes sociais a curta documental. ‘Deixar o pasado atrás’ elaborada a raíz do curso ‘Namórate de ti’ e que versa sobre todo o proceso que implicou a realización deste curso por parte das 12 mulleres participantes. Esta curta documental, de entre 8 e 10 minutos de duración, foi grabada tamén por dúas mulleres.

 

Comezouse a rodar ao inicio do curso e aborda todo o procedemento de como lles cambia a perspectiva ás mulleres participantes tras haber levado a cabo esta acción formativa. A estrea do documental foi esta mesma mañá a través das redes sociais.

 

O curso constou de sesións grupais de catro días realizadas os días, luns 7 de outubro, mércores 9, xoves 10 e venres 11, nas que as participantes compartiron unhas vivenzas enriquecedoras a través da cohesión grupal e a autoobservación.

 

Tratouse dun curso destinado a mulleres desempregadas, e/ou que precisaban voltar a confiar en sí mesmas, vítimas de violencia de xénero, en perigo de exclusión social… etc. Os obxectivos, mellorar a calidade de vida das mulleres, a través dos obradoiros, e potenciar as súas cualidades e capacidades. O obradoiro foi impartido por Tegra Gómez e Patricia Maquieira.

 

Pola súa banda a exposición ‘Namórate de ti’ permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 30 de novembro no Pazo de Mos. Trátase dunha mostra fotográfica baseada no curso de autoestima e empoderamento a través da fotografía impartido a 12 mulleres.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.