NIGRAN
O Concello de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedoiros
A entrega incluíu a compra realizada polo Concello no comercio local de ovos, mazás, repolos e patacas e, entre os produtos perecedoiros, parte do recadado polo GES Val Miñor e o CEIP Humberto Juanes
O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou esta semana un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.
Deste xeito, o concello adquiríu 60 ducias de ovos a El Rancho S.L. e 50 kg de mazás, 84 kg de repolos e 250 kg de patacas a Frutas Vilar. Ademais, na entrega incluíuse unha pequena parte da máis de media tonelada de alimentos non perecedoiros recadados desde o CEIP Humberto Juanes nunha carreira solidaria a semana pasada e dos 320 kg recadados polo GES Val Miñor os pasados días.
A raíz da crise sanitaria da Covid-19 o Concello deu un xiro ao Banco de Alimentos Municipal ofrecendo mensualmente compras completas e non só produtos non perecedoiros. “Multiplicamos as adquisicións e, afortunadamente, multiplicouse tamén a solidariedade ante a situación de necesidade de moitas familias que quedaron sen emprego ou sen poder continuar o seu negocio”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149