Mos
A alcaldesa de Mos sobre a Cidade Deportiva do Celta ‘Afouteza’ en Pereiras: “é unha gran herdanza“
Día histórico para Mos, para o celtismo e para o RC Celta, que 97 anos despois do seu nacemento dispón dunha cidade deportiva propia, moderna, funcional, sostible e integrada co medio ambiente. O Real Club Celta inaugurou hoxe sábado a primeira fase do proxecto da Cidade Deportiva Afouteza nun acto sinxelo no que primaron as medidas de seguridade e prevención. Estas novas instalacións serán utilizadas polo primeiro equipo do RC Celta, que xa se adestra nelas desde o pasado xoves, e polas súas categorías inferiores.
![[Img #66245]](https://xornal21.com/upload/images/11_2020/8115_cidade-deportiva-do-celta-afouteza-en-pereiras.jpg)
O evento, que tivo lugar un ano despois do acto de colocación da primeira pedra, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luís Rubiales; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño.
Un grupo reducido de persoas, entre eles representantes de diversas institucións e entidades deportivas, das penas celtistas, o abonado número un do clube, Enrique Molares, Manolo, o gran capitán, os capitáns do primeiro equipo e responsables dos medios de comunicación de Vigo, asistiron á inauguración cun percorrido guiado polas instalacións.
![[Img #66244]](https://xornal21.com/upload/images/11_2020/4100_cidade-deportiva-do-celta-afouteza-en-pereiras.jpg)
Posteriormente, disputouse un partido entre os Xuvenís de División de Honra do Celta e o Deportivo. Núñez Feijóo, Carlos Mouriño e Nidia Arévalo descubriron unha placa conmemorativa da inauguración e a continuación o capitán do RC Celta, Hugo Mallo, o xogador do Benjamín A, Germán (que é ademáis veciño de Mos), e o presidente da Comunidade de montes de Pereiras, Jorge Lorenzo, plantaron un carballo cunha placa na que se pode ler: “Este carballo representa ou firme compromiso do RC Celta polo coidado e respecto do medio ambiente. Esperamos que ao seu carón siga crecendo a nosa canteira e fortalecendo vos nosos valores”.
Na súa intervención a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “esta é a primeira vez que ser a porta de Vigo nos reporta un importante beneficio: un gran proxecto: o gran proxecto da área metropolitana: ‘Afouteza’, a Cidade Deportiva do Real Club Celta. Desde sempre Mos é un pobo orgulloso de sí mesmo, de ser Mos por iso o noso lema é SOMOSMOS, agora Mos tamén está orgulloso de ter ao Celta no municipio. Por iso como alcaldesa de Mos é para min un verdadeiro orgullo ser testemuña dun momento histórico como o de hoxe que naceu fai 3 anos, no Nadal de 2017 no Pazo Los Escudos, e por fin hoxe bota a andar de verdade. Este neno que hoxe bota a andar é unha gran herdanza dos mosenses de hoxe para os do mañá, do Celta de hoxe para o do mañá”.
O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, destacou que con este proxecto “o Real Club Celta segue crecendo” e que desta forma “sentan as bases do futuro do club, que hoxe é máis esperanzador e halagüeño”. Tamén sinalou que a nova cidade deportiva “está en camiño de converterse das mellores en España”. Esta primeira fase do proxecto xa conta con tres campos de fútbol e zona de tecnificación e instalacións interiores con vestiarios, ximnasio, sala de fisioterapia, oficinas, sala de prensa, set de televisión, amplo comedor, etc. A Cidade Deportiva Afouteza é un proxecto innovador e sostible que aúna deporte, lecer e natureza. Durante a súa construción, baseada na arquitectura bioclimática, respectouse ao máximo a contorna, gardando un equilibrio coa paisaxe. Ademais, a edificación é autosuficiente desde o punto de vista da utilización das augas.
O proxecto contempla na súa totalidade a construción de nove campos de fútbol e un edificio que crecerá ao redor deles. Esta construción dará resposta a todas as necesidades do club en todas as súas categorías, á vez que se constituirá como un novo espazo para o lecer e o entretemento.
Con este proxecto, o RC Celta quere situarse como un referente internacional e consolidarse co seu obxectivo de apontoar a formación dos xogadores de canteira, que xa é recoñecida polo seu éxito. A afección do RC Celta tivo a oportunidade de escoller o nome da nova cidade deportiva. Nunha votación que contou coa participación de máis de 15.000 persoas, Cidade Deportiva Afouteza foi a proposta gañadora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136