MOS
O PSOE denuncia actos multitudinarios "mentres a veciñanza sofre o peche da hostalaría"
"A pasada fin de semana o concello de Mos festexou un acto de decenas de persoas na inauguración dos dous campos de adestramento que o Celta de Vigo fixo nos montes comunais de Pereiras, no cal contaron coa presenza do presidente da Xunta, o ex presidente da Deputación de Pontevedra e outras autoridades". O Partido Socialista asegura que non da crédito "ante a falta de 'sentidiño' da alcaldesa e estes representantes públicos os cales piden a poboación que extremen as precaucións e que se conteñan de facer reunións, ademais de moitas outras recomendacións".
"En un concello no que a veciñanza ten que acostumarse a acatar as normas impostas pola Xunta de Galicia e o concello de Mos polo ben de todas e todos, como o peche dos locais de hostalería ou o cese da actividade dos nosos centros asociativos e culturais por garantir a seguridade da veciñanza, a alcaldesa de Mos xa vai polo segundo acto multitudinario no concello" sinala Victoria Alonso, voceira socialista no consistorio mosense
"É totalmente comprensible escoitar estes días no noso concello voces de incredibilidade por parte da veciñanza que ve como o concello de Mos non ofrece nin un so acto cultural de moita menor envergadura para a veciñanza e así dar apoio a este sector que tan mal o está pasando en esta crise sanitaria e económica, pero si estamos vendo actos coma a volta ciclista e esta inauguración onde se albergaron decenas de persoas".
Victoria Alonso, voceira socialista no consistorio mosense, quere deixar claro que o Partido Socialista de Mos "non recibiu ningunha invitación a esta inauguración como se facían eco nos medios de comunicación, e manifesta que aínda que así fose, os socialistas de Mos non asistirían xa que non estamos de acordo en facer este tipo de eventos nestas circunstancias".
Di non estar sorprendida pero si preocupada pola actitude de Arévalo." A veciñanza de Mos non merece ter unha alcaldesa que teña dúas varas de medir en esta situación que estamos pasando. Cando se trata de lucirse como unha raíña non perde a oportunidade custe o que custe, e mentres dille as e os mosenses que teñan sentidiño e se queden na casa".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136