Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Marta fernández-tapias supervisa os traballos de sinalización da ruta ciclista protexida

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo informou que esta actuación, que abrangue preto de 82 quilómetros, responde ao interese do Goberno galego en “aumentar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos”

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse esta semana  ata PO-331 no punto quilométrico 12+350, para supervisar os traballos que se están a executar na ruta protexida ES-PO-06, Volta ao Val.

 

Acompañada por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e os representantes da empresa que está a executar os traballos, a representante autonómica informou que as tarefas de sinalización nesta ruta, que abrangue preto de 82 quilómetros e discorre polos concellos de O Porriño, Mos, Vigo, Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui, están a piques de rematar.

 

Unha actuación que, tal e como sinalou Fernández-Tapias, responde ao interese do Goberno galego en “aumentar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos”.

 

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas ao colectivo.

 

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como estas van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

 

Deste xeito, actuarase nun total de 10 percorridos das estradas autonómicas das catro provincias, onde se instalarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas. As actuacións prestarán ademais especial atención ao mantemento das beiravías.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.