Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta reitora da UNED aproba o orzamento para 2021

Tamén se aprobou o plan académico docente do curso 2020-2021 e deuse conta do novo equipo directivo que será totalmente paritario

A Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, presidida por Carmela Silva,  vén de aprobar o orzamento para o exercicio 2021 que ascende a preto de 2,3 millóns de euros. No marco da orde do día, tamén se aprobou o plan académico docente do curso 2020-2021, que continuará a liña do curso anterior pero respondendo ás necesidades do alumnado por mor da situación sanitaria, e deuse conta do novo equipo directivo do centro que, con Víctor Manuel González Sánchez como director e con cinco mulleres e cinco homes ocupando diferentes postos, será totalmente paritario.

 

No que respecta ao orzamento para o 2021, o importe ascende a preto de 2,3 millóns de € contemplando preto de 600.000 € para gastos de persoal y profesores-titores, máis de 915.000 euros para gastos correntes en bens e servizos, máis de 715.000 € para transferencias correntes e  preto de 60.000 € para investimentos. O orzamento é lixeiramente inferior ao 2020 (115.713 € menos) debido á diminución do número de persoal directivo e, entre outras cuestións, á ausencia de gastos no que corresponde ao profesorado da Escola Naval. Por outra parte, aumenta a partida de profesores titores e tamén a de limpeza para responder á situación sanitaria.

 

Amais do orzamento, tamén se aprobou o plan académico docente para o curso 2020-2021, que continuará a liña do curso anterior e responderá ás necesidades dos e das estudantes dada a situación sanitaria, e deuse conta do novo equipo directivo que, liderado por cinco mulleres e cinco homes, será totalmente paritario. Xunto aos xa nomeados Víctor Manuel González Sánchez, director do Centro asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED, e Tomás Costal Criado, secretario do Centro Asociado en Pontevedra, contará cunha subdirección económica a cargo de Alfonso Vázquez Reboredo, e tres coordinacións: a Académica, orientada á xestión e creación de calendarios de formación regrada, que será xestionada por María Beatriz Arjona Otero; a de Extensión Universitaria, coa finalidade de coordinar actividades culturais e formativas non regradas, que dirixirá Rafael Cotelo Pazos; e, por último, a Tecnolóxica, que ten como misión manter e xestionar o equipamento tecnolóxico para facilitar as clases en rede, que coordinará Francisco José Abuín Crespo.

 

Tamén haberá unha coordinadora do COIE (Centro de Orientación e Emprego), Patricia Otero Balboa; outra da Aula de Vigo da UNED, María del Carmen Martínez Prieto; tamén unha coordinadora da Aula de Tui, Minerva Atenea Ojea Delgado; e outra para a aula de Portas, Ana María Barreira Fresco.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.