MOS
Fernández-Tapias visita Goycar Galicia en Mos
A representante do Goberno galego en Vigo, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou hoxe as instalacións da compañía, cunha dilatada experiencia na fabricación automatizada de compoñentes para o sector da automoción
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe a capacidade de adaptación das empresas galegas ao concepto de Industria 4.0 coincidindo cunha visita a Goycar Galicia en Mos.
Así, a representante autonómica, que acudiu acompañada pola alcaldesa deste municipio, Nidia Arévalo, tivo a oportunidade de coñecer o traballo que realiza esta compañía, cunha dilatada experiencia na fabricación automatizada de compoñentes para o sector da automoción.
Neste sentido, puido constatar o ambicioso plan de investimentos de Goycar nos últimos anos co obxectivo de aumentar a súa capacidade produtiva e a diversificación de produtos. A adquisición de novos e modernos equipamentos baseados nas últimas tecnoloxías coma o corte láser de chapa e tubos e o mecanizado de CNC.
A adquisición de equipamento, baseado en procesos produtivos 4.0 coma o corte láser de chapa e tubos e o mecanizado de CNC, contou co apoio da Xunta
Marta Fernández-Tapias remarcou así o apoio da Xunta de Galicia no marco deste salto tecnolóxico, con axudas por importe de preto dun millón de euros. Segundo dixo, o crecemento exponencial de Goycar desde os seus inicios, hai hoxe 25 anos, ata a actualidade “é un claro exemplo do que supón a innovación e a transformación dixital aplicadas aos procesos produtivos”.
“Levamos anos reivindicando a industria 4.0 como unha oportunidade única e imprescindible”, dixo Fernández-Tapias, quen foi máis lonxe ao afirmar que “é o único camiño para fixar tecido produtivo”.
A Xunta, a través do Igape, seguirá o próximo ano impulsando a dixitalización do tecido industrial galego. Nos orzamentos para 2021duplicará os seus fondos, ata chegar aos 262,5 millóns de euros, para reforzar a innovación industrial con programas como os Centros de Fabricación Avanzada; acompañar ás empresas na súa internacionalización e mellorar a súa competitividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136