Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 13:10:26 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

Esta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.

 

[Img #66317]Durante a situación vivida durante o confinamento da poboación provocado pola crise sanitaria da COVID 19, o Concello da Guarda tratou de dar resposta a diversas circunstancias que se puxeron de manifesto, como a vulnerabilidade de moitos sectores da poboación con apoios sociais máis reducidos ou limitados, desenvolvendo un programa de apoio telefónico a persoas maiores que  viven soas. Esta pequena acción visibilizou a necesidade de procurar unha rede de apoio constante e comunitaria que se podería realizar dende o voluntariado.

 

A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións como: acompañamento a persoas (maiores e/ou menores) accións medioambientais, eventos puntuais e tamén voluntariado en entidades ou asociacións municipais.

 

As persoas interesadas poden solicitar información na OMIX do Concello da Guarda a través das redes sociais ou do mail informacion@aguarda.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.