Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Martes, 08 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O C.R.D.O. Ribeiro premia ao asador “Los Abetos”, de Nigrán

Os galardóns que recoñecen a profesionalidade destes establecementos entregaranse o venres 18 de decembro ás 10:30 da mañá nun evento en Santiago

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro anuncia os gañadores das tres categorías que recoñecen a atención e o bo traballo nos establecementos de hostalaría, restauración e de venda de viños.


 
En “Mellor servizo de viño en restaurante” prémiase a Los Abetos restaurante asador, de Nigrán; como “Mellor tenda de viños-viñoteca” recoñécese a Valladares Alimentación, en Santiago de Compostela; e na categoría de “Taberna-bar de viños” o galardón vai para Derby, en Vilagarcía.


 
“Nun momento no que a hostalaría e o comercio máis próximo están a sufrir dificultades, dende o Consello Regulador quérese salientar a súa importancia no tecido económico e social e mandar unha nova mensaxe de apoio”, en palabras do seu presidente Juan Manuel Casares.


 
Los Abetos, aberto no 1982, é un establecemento asociado a momentos especiais para os seus clientes, como celebracións familiares, reunións de negocios ou convencións. A súa carta de viños conta cunhas 800 referencias de todo o mundo e presta unha atención especial aos viños galegos, como o Ribeiro, moitos deles conservados nas condicións ideais na súa adega subterránea.


 
A tradición na venda de viños en Santiago de Compostela ten un nome: Valladares. Semella un ultramarinos dos que xa non quedan tantos dende fóra, pero dentro agocha unha inmensa selección de botellas e produtos gourmet e maila sabedoría que Concha Valladares e os seus empregados acumulan dende a apertura nos anos 60.


 
Atención esmerada, unha gran variedade en petiscos e racións que casan perfectamente coas bebidas e imaxinación á hora de propor novas propostas para os seus amigos son tres dos ingredientes do Derby, en Vilagarcía de Arousa.

 

A novena edición dos Premios D.O. Ribeiro acontecerá o venres 18 decembro, ás 10:30 da mañá no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
 


Ademais dos establecementos sinalados, homenaxearase a Luís  L. Paadín como “Persoeiro de Honra” 2020 e coñeceranse os mellores viños brancos e tintos na cata oficial, de adega e de colleiteiro, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tamén se entregarán os premios “Muller e viño”, “Mellor labor de comunicación” e “Vida entre Vides”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.