GALICIA
Feijóo pide reservar un lugar preferente ao naval nos fondos europeos
    
    “O sector necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”, recorda
	
        O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediuesta semana reservar un lugar preferente ao naval na asignación dos fondos europeos de recuperación, e que España garanta a competencia en igualdade de condicións que outros países europeos, activando novas medidas de apoio.
 
Durante o acto virtual de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, Feijóo expuxo os compromisos que se deberían selar coa industria naval, porque “o sector -recordou- necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”.
 
Deste xeito, fixo fincapé en que o naval pode atopar nos fondos europeos de reconstrución unha oportunidade para acometer proxectos a gran escala e decisivos para garantir a competitividade. E subliñou que, do mesmo xeito que xa o están facendo outros países como Alemaña ou os Países Baixos, España debe apostar pola súa industria naval, con novos mecanismos de axuda que dean forza, pero, sobre todo, certezas e seguridade a unha industria estratéxica.
 
Sobre este punto, avogou por prestar unha especial atención ao naval nos programas de apoio como o Fondo de Solvencia. Unha medida, aseverou, demandada por todos os estaleiros galegos.
 
Traslada a necesidade de dar resposta aos distintos escenarios que bloquean as expectativas do sector como: o dique cuberto para Navantia Ferrol e a construción das Fragatas F-110
 
Así mesmo, trasladou a necesidade de dar resposta aos distintos escenarios que, neste momento, bloquean as expectativas do sector como: o dique cuberto para Navantia Ferrol, clave para avanzar na modernización do estaleiro; e a construción das Fragatas F-110, que garanten carga de traballo para as gradas de Ferrol nos vindeiros anos.
 
Ao respecto, Feijóo recordou que, desde 2018, a Xunta trasladou en numerosas ocasións a necesidade de garantir carga de traballo para Navantia, propoñendo incluso a contratación dun buque de aprovisionamento (AOR) ante o retraso das F-110. E referiuse tamén á situación que atravesa Barreras, pedindo á SEPI que apoie o plan de financiamento solicitado polo estaleiro.
 
O presidente da Xunta concluíu incidindo en que as actuais circunstancias impoñen un esforzo de traballo conxunto para definir un marco de futuro para o sector. E, no caso de Galicia, lembrou que a colaboración entre a Xunta e o naval fai que os estaleiros galegos sigan sendo actores principais da construción naval en España: con 21 buques asignados por un importe conxunto de 900 millóns de euros.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170