Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 04 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Resposta desigual da hostalaría porriñesa ante a reapertura

O martes volverá o mercado ambulante despois de 6 semanas de suspensión

O sector da hostalaría local tivo unha resposta desigual ante a posibilidade de abrir  os seus establecementos segundo o establecido no plan de desescalada promulgado pola Xunta de Galicia.


O Porriño está no nivel máis restritivo de xeito que os establecementos tan só poden servir nas terrazas, cun aforo reducido ao 50%, cun máximo de 4 persoas por mesa, sexan ou non conviventes. E deberán pechar ás 17 horas.

 

Continúa a tendencia á baixa no número de contaxios no Porriño como acreditou hoxe a actualización diaria de datos do SERGAS. Segundo informou o número de novos casos diagnosticados nos últimos catorce días son 47. E a incidencia acumulada no concello é maior de 150 e menor de 250, é outro indicador que reflicte a melloría.

 

Estes datos así como o tratado onte pola alcaldesa Eva Garcia co conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña na reunión telemática semanal que mantén cos rexedores dos concellos da área de Vigo, serán trasladados e comentados cos representantes de todos os grupos da corporación na reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid convocada para o vindeiro luns 7.

 

Por outra banda, o Concello do Porriño lembra que o vindeiro martes 8, festivo, volverá o mercado ambulante despois de seis semanas de suspensión. Á vista da contrastada melloría que reflicten os datos, o goberno municipal tomou esta decisión para aliviar economicamente a moitos dese vendedores que son tamén veciños do concello.


A decisión foi trasladada e participada polos representantes dos demais grupos políticos da Corporación na última reunión da comisión de seguimento.

 

Este martes tan só instalarán os seus postos a metade dos vendedores autorizados, é dicir, uns 70 . O postos con número impar asignado, montarán o 8 e os postos con número par, o farán o día 15. Esa cadencia manterase á expensas da evolución dos datos da pandemia.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.