REDONDELA
A Xunta de Goberno contrata o proxecto para a rehabilitación do antigo conservatorio
O Goberno local deu luz verde a contratación dunha auditoría para a mellora da eficiencia enerxética do mercado de abastos de Redondela
A Xunta de Goberno do Concello de Redondela aprobou, na súa última sesión, a contratación da redacción do proxecto para a rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio, (inmoble que posteriormente acollería os Servizos Sociais), situado na rúa Isidoro Queimaliños.
A iniciativa, marcada dentro dun programa integral de recuperación e recuperación do patrimonio histórico do municipio permitirá a transformación total do inmoble para que, unha vez rematados os traballos, poida acoller no primeiro andar servizos municipais como as Oficinas de Turismo, Cultura e Normalización Lingüística –adaptadas a todas as normativas de accesibilidade–, mentres que na planta baixa, crearase un espazo de usos múltiples para desenvolver actividades e eventos co fin de poñer en valor o acervo cultural do municipio.
Trátase polo tanto, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “dunha rehabilitación no máis amplo sentido da palabra, tanto do propio edificio en si como da función á que estaba destinado, polo que á reforma e mellora exterior, engádese unha reestruturación de espazos interiores para facelo operativo, dinámico e, ao mesmo tempo, máis accesible e seguro”.
En canto á elección deste lugar para a instalación da Oficina de Turismo, a alcaldesa apuntou que “é o lugar máis lóxico xa que a rúa Isidoro Queimaliños é paso obrigado do Camiño de Santiago” e, lembrou “as persoas que percorren a Ruta Xacobea supoñen preto do 90 % do fluxo turístico do municipio”.
Aposta polos mercados e a eficiencia enerxética
Doutra banda, A Xunta de Goberno aprobou a proposta de contratación do subministro de bolsas, taboleiro de anuncios e pizarra para o mercado de Chapela, dentro das iniciativas encamiñadas a facer das prazas de Abastos lugares de dinamización comercial da contorna na que se atopan.
Nesa mesma liña, o órgano de Goberno deu tamén luz verde ao expediente de contratación da realización dunha auditoría enerxética da Praza de Abastos de Redondela, de cara a optimizar o consumo, reducir as emisións de CO2 e conseguir un importante aforro na factura eléctrica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149