Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 05 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Arranca a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos en Mos

O Nadal Solidario de “MosAxuda” permitirá que preto de 100 familias mosenses poidan gozar tamén das datas navideñas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, recibiron o venres na Casa Consistorial ós primeiros empresarios en sumarse un ano máis a esta campaña de aportación de alimentos destinados á campaña Nadal Solidario de MosAxuda.

 

Nadal Solidario é unha campaña anual de recollida de alimentos que o Concello de Mos organiza para que ningunha familia mosense quede sen celebrar as festas navideñas.

 

Mos Axuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

 

As empresas hoxe presentes: Noribériva, Recoclajes Avi e Afamsa son tres empresas que ademáis de colabora todos os anos nas campañas de nadal, véñeno a facer de xeito habitual desde o mes de marzo, cando comezou a pamdemis, volcados completamente en axudar ao Concello a paliar as necesidades das familias. Ao longo de 2020 repartíronse 40 toneladas de alimentos e tarxetas para compra de producto fresco nos supermercados de Mos valoradas nun total de 21.000€

 

Ademais da doazón por parte destas tres empresas, cóntase tamen coa incondicional colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, e moitas outras empresas tales como Pesca Puerta, Autos Rivada, Tecdisma… que xa confirmaron a súa participación nesta especial edición  2020.

 

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, dende o concello solicitan a colaboración de toda a sociedade nesta campaña de nadal 2020 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias provocada pola crise sanitaria do COVID-19; deste xeito a recollida faise extensiva tamén aos colexios de Mos, ao Instituto, ás asociacións veciñais e culturais e ó Belén do Pazo de Mos; onde as persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poderán depositar a súa doazón de alimentos ata o vindeiro día 18 de decembro.

 

Grazas a todas estas aportacións as familias beneficiarias poderán celebrar o Nadal como merecen.

 

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, declararon esta mañá que “dende o Concello estamos moi agradecidos e satisfeitos de como arranca a campaña de doazón de alimentos deste ano”, e aproveitaron a ocasión para “agradecer a colaboración cidadá dos veciños e veciñas de Mos que, edición tras edición, veñen a demostrar que Mos é un pobo solidario”.

 

A rexedora local mosense e a edil de Política Social explicaron que “para poder levar a cabo este proxecto solidario e que todas as familias de Mos poidan gozar destas festas tamen contamos ca axuda dun pilar fundamental; os voluntarios e voluntarias, tanto de MosAxuda como de Protección Civil, e que son un orgullo para o municipio”.

 

A entrega dos alimentos recopilados e de cheques para compra de alimento fresco nos supermercados de Mos, realizarase na sede de Mos Axuda, sita en Puxeiros, o día 22 de decembro.

 

En total son preto de 100 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que en número de persoas pode alcanzar preto de 250.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.