Vigo
Fernández-Tapias e Alfonso Penela constatan o avance das obras da Cidade da Xustiza
A representante do Executivo autonómico recorda que, cun investimento de máis de 40 millóns, a obra xudicial de Vigo e a máis importante da historia de Galicia
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha xuntaza co arquitecto da Cidade da Xustiza, Alfonso Penela, con quen tivo a oportunidade de avaliar a construción desta infraestrutura xudicial que, tal e como recordou, “é a máis importante da historia da Comunidade”.
Así, Fernández-Tapias e Penela constataron o bo ritmo dos traballos de construción no antigo Hospital Xeral. Segundo recordou a representante autonómica esta infraestrutura, que conta cun investimento de máis de 40 millóns de euros e 44.000 metros cadrados -duplicando a superficie xudicial actual-, acollerá 37 unidades xudiciais -con espazo para outras 20, en caso de futuras ampliacións-; e a medio milleiro de profesionais da administración xudicial que contarán ademais cunha gardería con 40 prazas.
Asemade, Fernández-Tapias indicou que, pese a crise sanitaria e económica, o Goberno autonómico está a executar en Vigo catro grandes obras ás que se lle da continuidade nos orzamentos de 2021, cunha inversión de 143 millóns de euros na cidade. Partidas moi importantes que amosan o compromiso do Executivo galego co crecemento económico e social da cidade, como a Cidade da Xustiza, a Estación Intermodal, o Centro de Saúde de Bouzas e o Albergue de Peregrinos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163