Vigo
O Concello aprobará o 16 de decembro o investimento dos remanentes
O alcalde informou da celebración dun Pleno a vindeira semana para a aprobación definitiva do uso dos remanentes municipais. A inversión deste aforro permitirá xeral "miles de empregos para reactivar a economía".
Abel Caballero explicaba esta semana os proxectos aos que se vai dedicar o aforro municipal nunha actuación masiva que permitirá crear unha "mellor cidade, cidade verde, ecolóxica, camiñable, cidade para a xente e emprego, emprego, emprego, emprego; porque se xeran miles de empregos para reactivar la economía", sinalou.
O vindeiro mércores 16 de decembro terá lugar un Pleno extraordinario para a aprobación definitiva do uso do remanente municipal, ao que se levará unha alegación presentada ao documento. Así, quedará aprobado o investimento de 36 millóns de euros de remanentes.
O alcalde enumerou os proxectos aos que se vai dedicar o aforro do Concello: a cuarta fase da humanización de Alcalde Gregorio Espino, a humanización da rúa Valladolid, a iluminación do Parque de Castrelos, a humanización dun tramo enteiro da Estrada Clara Campoamor, o ascensor que unirá a nova Praza da Estación con Vía Norte, o proxecto do ascensor entre García Barbón e Vía Norte, as humanizacións de García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, Tercio de Afora, Julia Minguillón e Vista Alegre, rúa Troncoso, Colombia, fase 2, rúa Romil, rúa Marín, rúa Rosal e a fase sexta e última da rúa Aragón.
O goberno municipal humanizará tamén a Praza da Miñoca, a Praza Elíptica, construirá a escaleira mecánica da rúa Talude, acometerá a reforma do túnel de Beiramar, construirá un ascensor entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón, cubrirá os patios do colexio Villalaura e o tranvía histórico situado en Coia. A reforma do campo de fútbol O Vao, as humanizacións da rúa Fontáns, Curros, Subride, Areeiro, Rosal Florido, Bagunda e Paz Pardo son outros proxectos.
En Teis, o Concello dedicará fondos dos remanentes á humanización das rúas Foxos, Purificación Saavedra, Travesía de Guixar, a Vía Verde, a rampla mecánica no Centro de saúde, a nova biblioteca municipal e cubrirá o patio do colexio Frián. En Valladares, humanización de Camiño Laranxo, Estrada do Freixo e Torreiro de Valladares e, amais investirá en gardarraís de seguridade. A humanización de Camiño da Brea, rúa Costa da Gándara en Beade; en Cabral a humanización da Praza da Feira, Penís de abaixo e o campo de fútbol Santa Mariña completan os proxectos de investimento e remanentes xunto cun plan de eficiencia enerxética por valor de 2,5 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163