Vigo
A Xunta remata a senda peonil na estrada PO-325, no Concello de Vigo
A actuación supuxo un investimento autonómico de 27.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-325 ao seu no núcleo de San Miguel de Oia, no concello de Vigo.
![[Img #66434]](https://xornal21.com/upload/images/12_2020/4883_img-20201204-wa0059.jpg)
Os traballos, cun investimento de preto de 27.000 euros, consistiron na construción dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada, entre a intersección dos camiños da Senra, da Verdella e de Mide e o centro social San Miguel de Oia, ao que se accede desde unha intersección situada no punto quilométricos 6+940.
Executouse un itinerario de 2,50 metros de ancho na marxe esquerda da estrada, entre o cruce dos camiños da Senra, da Verdella e de Mide e o centro social San Miguel de Oia
Con esta intervención mellorouse a seguridade viaria e a mobilidade peonil dos veciños desta contorna, para o que executouse un itinerario de 2,50 metros de ancho, adaptándose ao espazo dispoñible no dominio público viario. Construíuse en pavimento de formigón tintado, reforzado con mallazo nas zonas de acceso ás edificacións existentes.
Os traballos incluíron o acondicionamento do terreo, así como a canalización das augas pluviais xeradas na zona, mediante un colector de pluviais de diámetro de 315 mm. Ademais, construíronse pozos de rexistro e sumidoiros para captación e rexistro das augas pluviais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163