Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 14 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACIP denuncia o "colapso" no tráfico no centro urbano

"Xa é unha práctica habitual do goberno local a súa falta de planificación, isto provoca que sexa inviable circular con normalidade polo centro urbano. Se o quixesen facer peor sería imposible" denuncia dende ACIP.


"Estas prácticas son unha puntilla mais á delicada situación que está a vivir o noso comercio local, e que ven como o goberno BNG-PSOE día a día failles máis difícil a súa propia existencia".


O Portavoz municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera defende a realización de obras, pero sempre con sentido e planificación para evitar as mínimas molestias aos condutores, que ao final son visitantes e compradores no noso Concello, que día a día desaparecen e empézanse a trasladar a realizar as súas compras a  Concellos  limítrofes polo caos existente e o acoso da Policía Local, é mais, neste mes deberíanse paralizar todas as obras como fan en todos os  Concellos para facilitar a mobilidade, e que realmente a policía local realizase unha función de información, colaboración e regulación do tráfico, pero para isto non lle dan ordes.


"Ponteareas está tomada polas empresas construtoras que fan o que consideran sen ningún tipo de control, empresas que todas son de fóra do propio  Concello, e vemos como cortan o tráfico na súa totalidade, teñen rúas levantadas durante dúas semanas, e non pasa nada" sinala.


"Diante da Gardería Municipal Domínguez Benavides, leva tres semanas pechada e sen rematar.
Rúa Castañal, acceso de tráfico á estación de autobuses e zona de máis de 2.000 vivendas pechada hai máis de dúas semanas" engade.


"Rúa Vidales tome pechada máis de dúas semanas, Avda. de Galicia un único carril de tráfico, pero o lóxico non sería rúa pechada por obras, rematar nesa rúa e posteriormente realizar o mesmo na seguinte?" pregúntanse dende ACIP.


"O mesmo ocorre coas obras da Praza  Bugallal, máis coñecida como Praza da igrexa, que están paralizadas desde hai mes e medio. O lamentable de toda esta situación é a falta de vontade política, e dicir a verdade aos cidadáns, como que a empresa subcontratada das obras “escapou” literalmente, e ese é o motivo real da súa paralización. Non mentir dicindo que é pola aparición de amianto falso, pois na propia praza non existen tubaxes, e as existentes pola rúas adxacentes son tubaxes de auga que en todos os Concellos de España son de fibrocemento ao ter máis de 50 anos. No propio proxecto xa indica e recolle a substitución das mesmas".  


"Advertimos ao goberno local que estaremos atentos do incumprimento da lei que están a facer as empresas adxudicatarias de obras, que subcontratan na súa totalidade as obras cando esta prohibido por lei, e así pasa o que pasa, como en San Roque onde desapareceu a empresa adxudicataria con máis de 60.000 euros, e agora paralizada a Praza  Bugallal" EXPLICA.


Dende ACIP solicitan  ao  Concello que "reconsidere dita situación e poña en marcha un  verdadeiro plan de axuda ao noso comercio, paralizando as obras ata despois de nadal e cre unha situación real de atención aos visitantes que queiran vir ao  Concello a realizar as súas compras, iso se sería unha gran axuda para todos".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.