Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 16:30:11 horas

Xornal21.es
Martes, 15 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG anima a comprar produto galego e no comercio local

O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, Mellor Galego e cunha dobre petición aos galegos e as galegas: consumamos produto do país e consumámolo no comercio de proximidade, axudando deste xeito a reactivación económica e social dun sector que xera moitos empregos e cun efecto dinamizador da nosa vila.

 

O portavoz Municipal Anxo Baz explicou “Todos somos conscientes do efecto tremendo  que provoca ver unha rúa coas  persianas baixadas  e os  locais baleiros e, tamén sabemos, o positivo  que resulta tanto no económico como no social  un comercio local vivo e dinámico”.

 

O BNG  anima a comprar produto feito aquí e vendido no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas e nestes tempos de pandemia. Anxo Baz manifestou “con esta campaña queremos facer un chamamento a consumir produto galego e facelo no comercio local, apostar polo noso” para acabar concluindo “O comercio local significa: calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado”.

 

Pola súa parte Bea Lomba, concelleira e Responsábel local do BNG, anunciou os eixos da campaña do BNG: “ademais dunha tirada de carteis para repartir no comercio, editamos  un video para promocionar nas redes sociais feito por Guardeses e Guardesas que producen aquí ou consumen habitualmente no mercado local”.

 

A nacionalista tamén aclarou “ademais desta campaña de sensibilización, o Bloque presentará  unha moción no próximo pleno na que propoñemos  un paquete de medidas concretas que teñan en conta a crise xerada pola pandemia na hostalaría e tamén os retos aos que ten que enfrontarse o pequeño e mediano comercio ante novos habitos como a compra online, en auxe”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.