Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Comezan as obras de saneamento en Pardellas, Cela

A acometida realízase con cargo ao Plan Concellos e conta cun orzamento de preto de 250.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil mosense da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, visitaron esta semana as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño do Monte de Pardellas na parroquia de Cela. Estes traballos lévanse a cabo a través do Plan Concellos e mediante os mesmos instálanse un total de 467,97 metros de tubería e darase servizo a 18 vivendas e 72 habitantes.

 

Dentro desta mesma subvención do Plan Concellos 2020, a administración local mosense acometerá tamén o proxecto de ampliación da rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo e Guizán. Sumando entre as tres parroquias, Cela, Louredo e Guizán, un orzamento de 249.688,42 euros. O prazo estimado da execución das obras é de 3 meses para cada un dos colectores que se proxectan, incluído o estudo e preparación das mesmas.

 

Na parroquia de Louredo os colectores proxectados na instalación do saneamento acometeranse nas zonas da Estrada Peinador-Os Valos e a Estrada Alto de Barreiro Santiaguiño. Instalaranse 1.026,93 metros de tubería e darase servizo a 25 vivendas e 100 habitantes.

 

E en Guizán no Camiño do Crasto e no Camiño da Ponte. Instalaranse 1.067,18 metros de tubería e darase servizo a 22 vivendas e 88 habitantes. En total poderán conectarse ao saneamento 65 vivendas das tres parroquias.

 

 

 

 

Augas de Galicia atópase tamén en procedemento de licitación da instalación de varios colectores en Pereiras que permitan completar o saneamento no núcleo parroquial. A obra conta cun orzamento de 430.026,10 euros

 

 

 

 

Sobre estas obras os representantes municipais, Arévalo, Augusto e Alonso declaraba esta mañá que “desde o Concello de Mos continuamos a dar pasos e avanzando cara a consecución do saneamento integral no municipio, e facémolo tocando todas as fases: tras anos de acometidas nas que se daba servizo a moitas vivendas, agora atopámonos realizando as fases máis complicadas que corresponden a tramos máis difíciles e nos que hai menos vivendas; que son as que quedaron para o final”. E ademáis rexedora local e concelleiros anunciaron que “para rematar todo o saneamento pendente e lograr o saneamento integral en Mos queda pendente unha inversión total de 1 millón de euros que se executará ao longo do vindeiro ano”. Prazo no que se acometerá o tramo correspondente á estrada Nacional 550 que dará servizo ás parroquias de Mos, Louredo e Sanguiñeda-Amieirolongo. Aos vecinos/as destas tres zonas alcaldesa, Nidia Arévalo, quixo hoxe “pedirlles desculpas pola demora e agradecerlles a paciencia que levan tido ante esta tardanza que é allea á vontade municipal e ven dada pola longa espera de permisos doutras administración”.

 

Agora por fin, xa a curto prazo, farase realidade o 100% do saneamento instalado en Mos, que será posible tras tantos anos acometendo obras que deran servizo de alcantarillado á veciñanza. A recta final acurtarase tamén en breve grazas a que a Xunta de Galicia atópase licitando a obra de saneamento que permitirá rematar a acometida da instalación na parroquia de Pereiras. Trátase dunha obra a realizar pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia e mediante a que se executarán na parroquia de Pereiras varios colectores que permitan completar o saneamento no núcleo parroquial. A obra conta cun orzamento de 430.026,10 euros.

 

A actuación dividirase en dúas zonas: Rede Norte cunha acometida de 771,55 metros de lonxitude de instalación que dará servizo a unhas 24 vivendas e 96 habitantes. Rede Sur cunha acometida de 1.052,38 metros de lonxitude de instalación que dará servizo a unhas 33 viviendas e 132 habitantes. O prazo que se estima para a execución das obras é de 4 meses.

 

Entre as 4 obras descritas darase servizo de saneamento a preto de 500 veciños e veciñas de 4 parroquias mosenses (Cela, Louredo, Guizán e Pereiras) e mellorarán a seguridade viaria en 7 viais municipais, que tamén serán asfaltados tras o remate dos traballos de acometida da rede de saneamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.