Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 11 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas continuará pechada perimetralmente pola alta incidencia de Covid

O número de casos activos sitúase en 54

A concelleira de Saúde de Ponteareas e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, analizou  coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade da Xunta a evolución da pandemia na localidade no encontro semanal que ambas administracións manteñen.

 

Segundo os datos que trasladou a Xunta ao Concello de Ponteareas, o número de casos oscila nesta última semana arredor do medio cento, sendo neste venres a cifra de 54. Isto implica unha incidencia acumulada próxima a 250.

 

Na actualización das restricións realizada pola Xunta, pendente de facerse oficial coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia, Ponteareas continuará en situación de peche perimetral, o que implica que a hostalaría poderá permanecer aberta ata as 17h, unicamente cun aforo do 50% no exterior e con grupos de máximo catro persoas, conviventes ou non. Ademais, en todos os ámbitos, os grupos nos encontros sociais non poden superar as catro persoas, mantendo o distanciamento interpersoal, o uso da máscara e as medidas de hixiene.

 

A pesar do interese amosado pola concelleira Cristina Fdez. Davila, a Xunta sinalou no encontro virtual desta semana que, aínda que non o descarta, non ten previsto polo momento a realización de cribados con probas PCR masivas á poboación de Ponteareas. O goberno local manifestou unha vez máis a súa total disposición a colaborar para que estas se poidan realizar á veciñanza, detectando así ás persoas asintomáticas que poidan estar contribuíndo á expansión da COVID-19  na localidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.